InicioCentralFozFoz presenta o cartel e a programación do Entroido

Foz presenta o cartel e a programación do Entroido

O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, explica: “traballamos en mellorar todas as medidas de seguridade. Dende a disposición da carpa, con máis saídas de emerxencia, ata a colaboración dos bombeiros do parque comarcal de Barreiros, que terán un dispositivo especial o día da coroación alí"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presenta o cartel e a programación do Entroido, que inclúe actividades desde o día 15 deste mes ata o 7 de marzo.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a edición 2025 do Entroido de Foz vén cargada de actividades e eventos. Foz vive a emoción dos días previos aos seus grandes momentos, que teñen o seu culmen no gran desfile, que se celebrará o sábado 1 de marzo. As inscricións para o mesmo abriranse o día 10 de febreiro. O programa deste Entroido comeza coa cea de coroación da Raíña, Coral Rey Oliveros, que recibirá a coroa de Carlota Fernández del Riego, o sábado 15 de febreiro na carpa da rúa Atalaia. A cea que está sendo récord en afluencia, estará amenizada polos djs Alejandro Martínez e Mia Disko. Ese día a partir das 12 da mañá as comparsas de Foz tocarán polas rúas. O xoves 27 de febreiro é xoves de comadres. Pola tarde inaugurarase a exposición dedicada aos pregoeiros deste ano, You e Caxé, dous referentes na realización do plan en Foz. A partir as 21:30 horas a cea de comadres, organizada por Afammer e Amas de casa Virxe do Carme, comezará na Sala Bahía e será amenizada polo grupo Mar de Arousa. Para anotarse nesta cea será necesario contactar nos locais destas asociacións no Centro Social. O venres 28 é o turno das coplas e o pregón, na carpa da rúa Atalaia a partir das 8 da tarde”.

O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, explica: “traballamos en mellorar todas as medidas de seguridade. Dende a disposición da carpa, con máis saídas de emerxencia, ata a colaboración dos bombeiros do parque comarcal de Barreiros, que terán un dispositivo especial o día da coroación alí. Ademais incrementarase a seguridade privada e os controis de accesos”.

O sábado 1 chega o día grande do Entroido de Foz, o día do desfile. Este ano sufre unha modificación no seu horario, xa que sairá ás 16:30 horas. “Este cambio prodúcese polas peticións dos grupos, para mellorar o funcionamento do desfile”, explica a concelleira de Cultura, que engade: Coma nos últimos anos colocarase un graderío na explanada portuaria, as entradas poderán adquirirse a partir do 20 de febreiro no CENIMA. Este ano os presentadores serán Juan Varela e Pepo Suevos. A partir das 12 da noite comezará o baile do Entroido cos grupos Origen e La Bamba. Á 1.30 horas será a entrega de premios do desfile.

O domingo 2 é o día do baile infantil, no que haberá inchables, xogos e a actuación de La Guagua, para os máis pequenos. Ás 19:30 horas será a entrega de premios das categorías infantís do desfile. Ás 20:30 horas chegará o Touporroutou no salón de actos do colexio Martínez Otero, organizado pola asociación A Pomba do Arco.

O luns 3 o protagonismo é para os farolillos e para a realización do plan. Por todo Foz grupos, individuais e parellas representan o Entroido máis tradicional, para a partir das 23:00 horas desfrutar do baile do farolillo (concurso á 1.00 horas). Antes, na Sala Bahía, a asociación o Feitizo organiza un baile do farolillo infantil, a partir das 17:30 horas.

O martes 4 os protagonistas son os máis pequenos. A asociación de Amas de Casa xunto co Concello organizan un baile infantil, con maxia, xogos e moito máis.

E para despedir o Entroido o día 7 de marzo ás 20:30 horas partirá do Campo da Cabana a comitiva fúnebre que acudirá á Queima. Será na Praza Conde de Fontao e prégase loito rigoroso.

“Traballamos nun programa que abarque todas as idades e no que todo o mundo se sinta parte. O Entroido é dos que viven e o desfrutan. Todas as peñas e participantes levan meses traballando para gozar ao máximo desta festa, facendo pobo e acollendo aos visitantes. Agardamos que sexan unhas datas de ledicia para todos”, finaliza a concelleira de Cultura.

E o alcalde, Fran Cajoto, móstrase “animado ante un novo Entroido, que comezou en novembro coa elección da Raíña e que seguro que vai ser espectacular. Coidaremos ao máximo os detalles, para os que xa levamos tempo traballando e que co engadido da ilusión de todos os participantes, sabemos que redundará nun éxito”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...