InicioCentralFozACIAFOZCCA sortea 500 euros de compra na campaña de San Valentín

ACIAFOZCCA sortea 500 euros de compra na campaña de San Valentín

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “na campaña de San Valentín poden participar todas as persoas que realicen compras por importes superiores a 10 euros do 1 ao 14 de febreiro"

Publicada o

- Advertisement -

ciaFozCCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña de San Valentín, que se desenvolve do 1 ao 14 de febreiro.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “na campaña de San Valentín poden participar todas as persoas que realicen compras por importes superiores a 10 euros do 1 ao 14 de febreiro. Nas tendas recibirán os boletos para o sorteo, que terá lugar o 17 de febreiro a través de Radio Foz”. E engade: “imos poñer en xogo 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un, para animar as vindeiras semanas nos negocios de Foz”. Os números premiados serán publicados nas redes sociais de AciaFozCCA e na páxina web: www.aciafozcca.com

Paleo anima “a facer as compras destas datas no comercio local, onde atoparemos todo o que precisamos para sorprender ás nosas parellas. Ademais poderemos celebralo tamén na hostalería local, onde nos agardan interesantes propostas para San Valentín”.

Na presentación da campaña de San Valentín participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, así coma directivos da asociación empresarial focense e empresarios locais. Tamén foi presentada a cartelería decorativa Isto é Foz, aquí hai Carnaval, foron entregados os premios aos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal e deuse a coñecer a nova colaboración de AciaFozCCA coa Asociación de Loita contra o Cancro, que consistirá no reparto de lazos para os traballadores dos comercios “co obxectivo de darlle visibilidade á causa e axudar a combater a enfermidade”. Os negocios adheridos a esta campaña lucirán globos verdes, que lles foron entregados por AciaFozCCa.

AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz para a organización destas actividades e campañas.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...