InicioCentralFozO PP de Foz critica a falta de xestión do goberno local

O PP de Foz critica a falta de xestión do goberno local

O PP de Foz é presentará unha moción para debater sobre a economía municipal e propoñerlle ao Goberno de Sánchez que posibilite legalmente o uso dos remanentes orzamentarios por parte dos concellos

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz críticou a nula capacidade de traballo e de xestión do goberno socialista de Foz nun comunicado de prensa. Para os poplares focegos isto se demostra na “falta de propostas do equipo de goberno na convocatoria do pleno que se celebrará mañá”.

“É evidente o fracaso do bipartito en Foz, non só pola ruptura entre PSOE e BNG, senón tamén pola inoperante xestión administrativa e proba diso é que nestes dous últimos meses transcorridos non teñen ningún asunto que propoñer ao pleno que se celebrará este xoves”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.

Moción do Partido Popular

O PP de Foz é presentará unha moción para debater sobre a economía municipal e propoñerlle ao Goberno de Sánchez que posibilite legalmente o uso dos remanentes orzamentarios por parte dos concellos. Así os concellos como Foz poderán “tirar” dos aforros xerados no seu día, como pasou entre os anos 2011 e 2019 durante un goberno local do Partido Popular, e dado que actualmente “a economía municipal non pasa polo seu mellor momento segundo sinalan as liquidacións de exercicios anteriores e o incremento do período de pago a empresas e asociacións”.

“Presentamos esta moción por dous motivos. En primeiro lugar, para darlle unha oportunidade ao señor alcalde de explicar a lamentable situación de impagos creada no 2024 que levou á merma de servizos como o punto limpo, ou para que diga en que investiu os centos de miles de euros que recadou de máis pola suba dos impostos e taxas municipais; queremos saber da economía do Concello dado que,ao non presentar os orzamentos para o 2025, non sabemos a situación real e o estado das contas que xa deberían estar aprobadas. E en segundo lugar, queremos seguir a aportar solucións polo que vamos a pedirlle ao Goberno do Estado que nos deixe xestionar os remanentes posto que Foz, ao igual que o Goberno de Sánchez, segue sen orzamentos o que implica que o Concello non poida dispor de recursos propios, como os remanentes, para sacar adiante investimentos necesarios”, explica Javier Castiñeira.

ÚLTIMAS

Antonio Villarino: “Medio Rural mostra falta de interese no sector da Faba de Lourenzá”

-Que dificultades está pasando agora mesmo a Faba de Lourenzá na súa produción? En 2024...

A UNED en Foz abre o período de matrícula para o segundo cuadrimestre

A Aula Universitaria da UNED en Foz anuncia a apertura do prazo de matrícula...

Mondoñedo lamenta o falecemento de Xosé Vizoso

O Concello de Mondoñedo emitiu este domingo unha nota de prensa onde lamenta o...

Cervo celebrará a Festa do Mexillón o sábado 22 de febreiro

O concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón,...