InicioCentralFozO IES de Foz acolleu este mércores unha charla da FCAM sobre...

O IES de Foz acolleu este mércores unha charla da FCAM sobre o futuro laboral da Mariña

Asistiron á xornada o secretario da FCAM, José Carlos Paleo, e a xerente da Federación, Beatriz Irigoyen.

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe seguiu no IES de Foz o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña lucense. Están destinadas aos estudantes de FP aos que lles queren insistir en que “aquí hai futuro, que hai moita demanda de man de obra por parte das empresas, e que tamén nesta comarca é posible emprender”.

Alumnado dos ciclos de hostalería e de FP básica asistiron esta mañá á charla, que se desenvolveu no salón de actos do centro. Na cita participaron dous ex alumnos do IES de Foz: o cociñeiro Bruno Pena e Pablo Fernández, un dos propietarios do restaurante focense O Rincón do Mis; ademais de Iván Marrube, CEO de Reyco. A charla foi conducida pola presidenta da FCAM, Carmen Cruzado.

Os tres conferenciantes subliñaron que A Mariña é unha comarca con moitas potencialidades, que os salarios e os traballos que aquí se poden atopar reúnen as mesmas condicións que os empregos aos que se pode acceder en grandes cidades. E incidiron en que a calidade de vida da Mariña non é comparable a ningún outro lugar de España.

A presidenta da FCAM agradeceu a posibilidade de falar no IES de Foz sobre o futuro laboral na Mariña lucense: “grazas a Leticia Maseda, directora do centro, por permitirnos achegarnos aos estudantes a contarlles a realidade que nos fan chegar as empresas ás que representamos; e tamén a Beatriz Trigo, dinamizadora da relación con empresas na FP, por acompañarnos unha xornada máis nesta andaina que arrincou o pasado mes de novembro en Ribadeo, que xa pasou por San Cibrao e hoxe por Foz e que seguirá nos vindeiros meses noutros centros da comarca”.

Asistiron á xornada o secretario da FCAM, José Carlos Paleo, e a xerente da Federación, Beatriz Irigoyen.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...