InicioCentralFozA concelleira de Cultura de Foz sinala que "o PP quere politizar...

A concelleira de Cultura de Foz sinala que “o PP quere politizar o Entroido de todos”

A concelleira de Cultura do Concello de Foz, Inés López Couto, engadiu que "hai moita xente do Partido Popular involucrada en que o Carnaval siga mellorando e estámoslles moi agradecidos"

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira Inés López Couto afirma que o líder do PP de Foz “quere politizar e desprestixiar o Entroido de todos”.

“A última ocorrencia do señor Castiñeira para desprestixiar Foz resultou ser de moi mal gusto. Non lembra o voceiro do Partido Popular que o temporal Karlotta o 8 de febreiro do ano 2024, con rachas de vento récord de máis de 200 km/h na Mariña, descubriu o tellado da Sala Bahía, levantou chapas en edificios de Eduardo Pondal que caeron na rúa Irmandiños e destruíu a carpa do mercado gandeiro en Ferreira: non así a carpa do Entroido de Foz”, explica Inés López.

A edil engade: “aprendemos e traballamos para mellorar de forma continua, coordinando e compartindo os cambios con reunións ao longo do ano cos grupos do Carnaval. Non imos eludir a nosa responsabilidade: melloraremos accesos e medidas de seguridade, para que todos os participantes dos eventos que se celebran na carpa unicamente se preocupen de pasalo ben e non haxa ningunha situación de agobio nos accesos. Contamos con técnicos de prevención que elaboran e supervisan un Plan de Autoprotección específico e xa lles pedimos que definan un maior número de accesos, por encima do que esixe a normativa”.

López Couto tamén comenta: “non imos volver a dispoñer un entarimado de seis metros de altura, con escaleiras empinadas no estacionamento da Sala Bahía, como deseñou Javier Castiñeira, cunha carpa a dous metros das fiestras dos veciños. Tampouco quero falar das saídas de seguridade daquela época. Estamos mellorando e imos a seguir facéndoo, é o que verdadeiramente nos motiva”.

“O máis triste da política do señor Castiñeira é que prefire politizar e desprestixiar un Entroido que é de todos en vez de traballar por el. Elixe un egoísmo pueril de pataleta por non levar xa o bastón de mando, debería superalo xa. O carnaval no é de Pepe Rivera, de Javier Jorge Castiñeira ou de Fran Cajoto: é de todos os focegos. Castiñeira debería aceptar a realidade: hai xa case seis anos que deixou de ser alcalde pola vontade dos veciños de Foz. Hai moita xente do Partido Popular involucrada en que o Carnaval siga mellorando e estámoslles moi agradecidos. Sería positivo que se non vai axudar a que o pobo avance non intente dinamitar o bo nome de este Entroido, que acadou a distinción como Festa de Interese Turístico Galega en marzo de 2023, da que estamos moi orgullosos”, remata a concelleira Inés López.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...