InicioCentralFozO PP de Foz pide cambiar a ubicación da carpa do Entroido...

O PP de Foz pide cambiar a ubicación da carpa do Entroido por seguridade

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, pídelle ao alcalde Fran Cajoto que cambie a ubicación da carpa do Entroido para evitar problemas de seguridade. O PP faino por considerar que “sería neglixente manter o emprazamento da instalación nun humedal inseguro e nunha rúa tan estreita que limita a circulación fluída das persoas”.

“Despois dos graves episodios de embotellamento provocados pola mala elección da parcela e o mal deseño do recinto, veciños e membros das comparsas recórdannos os apuros e as crises de ansiedade que tiveron que vivir o ano pasado e que, grazas a actuación da Garda Civil, non chegou a máis e non queren que se volva a repetir. Por todo iso, no pasado pleno presentamos un rogo para que se creara unha comisión de seguemento do Entroido ofrecendo a nosa colaboración que foi desprezada polo alcalde. Polo tanto, como primeira medida entendemos que non se pode manter a localización do ano pasado porque, ademais de asentarse nun humedal, a rúa Atalaia é moi perigosa e condiciona tamén á rúa Corporacións, a cal está a 30 metros e que cos cambios de Cajoto agora aumentou de forma considerable o tráfico”, sinala o popular, Javier Castiñeira.

Polo tanto, “a parcela é unha trampa que debe evitarse e, ademais, o anos pasado equipo de goberno non quixo crear a comisión de investigación que pedía o Partido Popular e agora a xente ten dúbidas e medos porque ninguén do concello explicou aínda cal fora o problema real”.

“Porque lle queremos ao Entroido, porque nos tocou organizalo e fixemos con éxito, e porque estamos obrigados a velar pola seguridade dos nosos veciños, solicitámoslle a Cajoto que recapacite e que busque outra ubicación”, finaliza o voceiro do PP de Foz.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...