IniciosociedadeRetiran a máquina que descarrilou en Foz tras atropelar a uns cabalos

Retiran a máquina que descarrilou en Foz tras atropelar a uns cabalos

O dono dos animais, que estivo presente esta mañá no lugar, sospeita que os cabalos puideron chegar ata a vía fuxindo do lobo.

Publicada o

- Advertisement -

Adif retirou a máquina que o 28 de decembro descarrilou no municipio lucense de Foz tras atropelar a uns cabalos. O incidente non deixou danos persoais. O pasado sábado, un tren de viaxeiros no que só viaxaban o maquinista e o interventor, descarrilou en Foz ao redor das 7.40 horas, tal e como informou o 112.

O tren cubría o traxecto Ribadeo-Ferrol e a liña ferroviaria está cortada. Con todo, segundo informou Adif, estableceuse un plan alternativo de transporte por estrada entre Ribadeo e Burela. Ata o punto desprazáronse a Garda Civil e persoal de Adif de Emerxencias. Ademais, a central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e a Protección Civil de Foz.

Esta mañá persoal do Administrador de Infraestruturas procedía a retirar a máquina sinistrada, para o que ademais tiveron que levantala para quitar tamén a un dos cabalos que quedara atrapado debaixo. Segundo puido coñecer Europa Press, o dono dos animais, que estivo presente esta mañá no lugar, sospeita que os cabalos puideron chegar ata a vía fuxindo do lobo, posto que habitualmente tenos a uns 7 ou 8 quilómetros de onde se produciu o suceso e hai uns días rexistrouse na zona o ataque dun lobo a unhas ovellas.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...