InicioSucesosDescarrila un tren de pasaxeiros en Foz sen rexistrase feridos

Descarrila un tren de pasaxeiros en Foz sen rexistrase feridos

Publicada o

- Advertisement -

Un tren de pasaxeiros, no que só viaxaban o maquinista e o interventor, descarrilou en Foz tras atropelar a dous cabalos. No suceso non houbo persoas feridas.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 7.40 horas deste sábado e foi o persoal de Renfe o que deu a voz de alarma.

O tren cubría o traxecto Ribadeo-Ferrol e a liña ferroviaria está cortada. Con todo, segundo informou Adif, estableceuse un plan alternativo de transporte por estrada entre Ribadeo e Burela.

Ata o punto desprazáronse a Garda Civil e persoal de Adif de Emerxencias. Ademais, a central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e a Protección Civil de Foz.

ÚLTIMAS

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...