InicioCentralFozA Aula da UNED de Foz presenta a oferta formativa para xaneiro

A Aula da UNED de Foz presenta a oferta formativa para xaneiro

A Aula Universitaria da UNED de Foz reafirma, unha vez máis, o seu compromiso coa formación continua e coa promoción de espazos de encontro e aprendizaxe ao servizo da comunidade.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.

A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”

A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dunCafé Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel intermedio ou avanzado no idioma. Este encontro informal permitirá aos participantes mellorar a súa fluidez en inglés mentres conversan sobre temas de interese común. Sobre esta iniciativa Muiña engade: “o Café Conversa está pensado para aquelas persoas que queren practicar inglés dun xeito ameno e relaxado, rompendo coas dinámicas tradicionais das aulas. É unha actividade aberta, inclusiva e perfecta para mellorar as competencias lingüísticas.” Este encontro terá lugar na Aula Universitaria ás 18:30 horas.

A segunda proposta é para o 17 de xaneiro, cunha conferencia titulada Estimulación cerebral non invasiva en neuropsiquiatría. Presentación dun caso. Será impartida por dous destacados profesionais na materia: o doutor Alejandro Fuertes, psiquiatra, e Alicia Lage, psicóloga e directora da clínica Sinapsis. Durante a charla exporanse os fundamentos desta técnica, as súas aplicacións prácticas e a experiencia directa cos pacientes. Levarase a cabo no salón de actos do IES de Foz ás 17 horas.

A concelleira da Aula, Elena Martínez, anima á cidadanía a participar nesta actividade: “é unha oportunidade única para coñecer de primeira man os avances en neuropsiquiatría e como estas técnicas innovadoras poden mellorar a saúde mental. Desde o Concello seguimos apostando por achegar á veciñanza os coñecementos do ámbito da saúde, e pensamos que esta é unha oportunidades moi valiosa para coñecer unha técnica novidosa e sumamente interesante para o tratamento de distintas doenzas.”

Ambas actividades son gratuítas e celebraranse nas instalacións da Aula Universitaria da UNED de Foz. É importante inscribirse previamente. Para realizar a inscrición ou obter máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo foz@lugo.uned.es ou dos teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549.

A Aula Universitaria da UNED de Foz reafirma, unha vez máis, o seu compromiso coa formación continua e coa promoción de espazos de encontro e aprendizaxe ao servizo da comunidade.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...