InicioCentralFozAula UNED Foz presenta o seu programa para o mes de decembro

Aula UNED Foz presenta o seu programa para o mes de decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña, anuncian “unha variada oferta formativa e cultural para o mes de decembro, con actividades dirixidas a diferentes públicos e deseñadas para fomentar a aprendizaxe, a saúde e a diversión no peche do trimestre académico”

Publicada o

- Advertisement -

A Aula Universitaria da UNED de Foz programa para este vindeiro mes de decembro un curso de alimentación, un obradoiro de plantas medicinais, a presentación dun libro de poemas e unha actividade infantil de Nadal.

A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña, anuncian “unha variada oferta formativa e cultural para o mes de decembro, con actividades dirixidas a diferentes públicos e deseñadas para fomentar a aprendizaxe, a saúde e a diversión no peche do trimestre académico”.

Dentro da súa programación destaca o curso de extensión universitaria Alimentación fácil e saudable: tips e receitas para o día a día, impartido por Saray Río, nutricionista veciña de Foz e profesional con ampla experiencia no ámbito da saúde e a formación. “Esta actividade está pensada para quen desexe mellorar a súa alimentación diaria dun xeito práctico e sinxelo, aprendendo consellos útiles e receitas simples e rápidas para aplicar no día a día”, explica a coordinadora. Terá lugar do 3 ao 17 de decembro, os martes e os xoves de 16 a 18 horas.

Tamén se ofrecerá un obradoiro de plantas medicinais, a cargo de Pedro Rolle, autor do libro Flores de primavera do Valadouro. Este taller proporcionará unha oportunidade única para coñecer os usos e propiedades das plantas medicinais da nosa contorna, combinando tradición e coñecemento práctico. A concelleira indica que “esta é unha forma distinta de aprender, compartir e valorar os recursos naturais que nos rodean”. Realizarase os días 16, 17, 18 e 19 de decembro de 16 a 18:30 horas.

A programación cultural complétase coa presentación do poemario Laidos Cardíacos, de Lucía Ferro, autora procedente do concello de Barreiros. Muiña comenta: “celebro a valentía de Lucía Ferro ao compartir a súa voz mais íntima e persoal. A súa poesía conéctanos coas nosas emocións máis profundas e fainos reflexionar sobre as nosas experiencias vitais”. Este evento celebrarase o xoves 12 de decembro ás 19 horas na Biblioteca Municipal de Foz Salgado Toimil e será unha ocasión especial para que os amantes da literatura descubran esta obra e compartan un espazo de diálogo coa autora.

Como grande novidade para este mes, a UNED de Foz organizará unha actividade especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 9 anos e as súas familias. Trátase dunha divertida dinámica de busca do tesouro en inglés, onde os participantes, a través de pistas e enigmas, intentarán atopar a Santa Claus. Esta actividade, En busca de Santa Claus, promete ser un momento lúdico e educatiAvo para pequenos e maiores. Levarase a cabo o 26 de decembro ás 11:30 horas no IES de Foz. “Invitamos ás familias a participar nesta dinámica de aprendizaxe e diversión. De seguro que o perdido Santa Claus aparecerá polos IES de Foz o día 26 de decembro de novo”, afirma Elena Martínez.

A Aula Universitaria da UNED de Foz convida a toda a comunidade a participar nesta ampla oferta de actividades, deseñadas para enriquecer a vida cultural e formativa do municipio. Para máis información ou inscricións, as persoas interesadas poden contactar directamente coa Aula Universitaria no teléfono 982.133.699, no Whatsapp 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...