InicioCentralFozRescatan un home na praia de Peizás que quedou illado nunha rocha

Rescatan un home na praia de Peizás que quedou illado nunha rocha

Publicada o

- Advertisement -

O helicóptero Pesca II rescatou este domingo a un home na praia de Peizás, na parroquia de San Martiño-Forxán, na localidade lucense de Foz. Tal como informou o 112 Galicia, ao redor das 14.00 horas recibiu unha chamada dun particular que “solicitaba axuda para un home que quedara illado nunha rocha”.

Durante a comunicación, indicaba que a persoa se atopaba nun illote a cinco ou dez metros da area, pero que “non era capaz de volver a terra” porque o mar estaba revolto. Deste xeito, pasaron o aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao GES de Cervo, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Con todo, segundo informou Salvamento Marítimo a Europa Press, debido ás condicións do mar e á zona, foi necesario mobilizar o helicóptero Pesca-II para facer o rescate por aire e posterior traslado a tierra.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...