InicioCentralFozA Deputación investirá máis de 100.000 en renovar rúas en Foz

A Deputación investirá máis de 100.000 en renovar rúas en Foz

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou esta semana xunto ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial destinará 115.000 euros para renovar o firme e realizar o repintado completo das rúas Alfonso X e Alfredo Brañas.

Tomé enmarcou esta iniciativa na “cooperación, intensa e continua” que mantén co Concello de Foz e co resto de municipios, para que poidan ofrecer “máis e mellores servizos aos veciños”.

Segundo recolle a Deputación nun comunicado, Tomé lembrou que esta actuación financiaraa na súa totalidade o organismo provincial, pero enmárcase na aposta do goberno local de “facer de Foz un lugar máis moderno, seguro e pensado para o benestar da xente”.

“Con esta iniciativa non só melloramos a circulación e a seguridade nas rúas, senón que tamén aumentamos o atractivo de Foz, o que favorece á súa dinamización social e económica, tanto para os veciños como para os visitantes”, engadiu o presidente.

ÚLTIMAS

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...