InicioCentralFozFoz organiza un ciclo de charlas médidas para os días 13, 20...

Foz organiza un ciclo de charlas médidas para os días 13, 20 e 27 de novembro

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “o mércores día 13 contaremos con Paloma Dorado López e Marina Bustelo Fernández, pediatras do Hospital Público da Mariña, nunha charla na que abordarán a actualización en vacinación infantil"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz organiza un ciclo de charlas médicas que se celebrarán os mércores 13, 20 e 27 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “o mércores día 13 contaremos con Paloma Dorado López e Marina Bustelo Fernández, pediatras do Hospital Público da Mariña, nunha charla na que abordarán a actualización en vacinación infantil. O mércores día 20 a farmacéutica do Hospital da Mariña, Lucía Grandío Leivas, achega a charla titulada Antibióticos, por que non sempre?. E remataremos as charlas médicas o mércores día 27 con Alba Doporto Fernández, neuróloga do Hospital Público da Mariña, que falará das Enfermidades neurolóxicas asociadas a idade.

O Concello de Foz agradece a colaboración do Hospital Público da Mariña que “fai posible que ano tras ano se celebren estas charlas nas que se acerca o coñecemento e o traballo dos seus profesionais á poboación”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...