InicioCentralFozJavier Castiñeira, PP Foz: "Propuxemos axudas para os usuarios da residencia e...

Javier Castiñeira, PP Foz: “Propuxemos axudas para os usuarios da residencia e o Concello non quixo crealas”

Javier Castiñeira é o voceiro local do PP de Foz e ostentou a alcaldía deste concello até 2018. Durante o seu mandato iniciouse a construción da nova residencia de maiores e centro de día. Segundo Castiñeira, ante a suba das tarifas na residencia, o PP local propuxera axudas municipais para facer fronte por parte dos usuarios ás subas, mais a alcaldía "non fixo caso".

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son as reivindicacións do PP de Foz arredor da Residencia de Maiores?

A partir do ano 2018 comeza a construirse a residencia para maiores estando o PP no goberno. Até 2023 teoricamente a residencia funcionou ben, con bos precios e boa calidade de servizo. No medio coincidiu a COVID e isto cambiou cousas como o custo dos servizos. Cando remata o contrato en 2023 co goberno bipartito en Foz, o PP botou meses avisando que o contrato ía acabar e deberan sacar nova licitación. Non fixeron caso e en 2023 non había nova adxudicación, houbo que continuar coa anterior empresa e a empresa estableceu novos prezos. Por tardar tanto en sacar unha nova licitación, o goberno do señor Cajoto viuse na posición de subir os prezos deixando unhas tarifas inasumibles para moitos residentes. Ante isto, o PP propuxo que o Concello debía poñer unha serie de axudas para evitar que a xente deixe esa residencia.

-Aplicouse finalmente esa liña de axudas proposta polo PP?

O señor alcalde non quixo aplicar ditas axudas e seguiu co contrato. Desta situación nace unha Plataforma de afectados polas tarifas, pois as tarifas aumentaron de maneira moi elevada. O mesmo BNG (forma parte do bipartito de Foz) caeu na conta do que dicía o PP, o mesmo sucede coa Plataforma. O alcalde non quere darlles esas axudas para a contratación. Así estamos con paliativos, pararon a contratación mais necesitamos que o goberno local retome o novo contrato porque é unha situación de legalidade previa á unha negociación cos afectados para buscar unha liña de axudas municipais. Lembrar que a residencia é municipal e queremos que siga así para ter prioridade os veciños e veciñas de Foz.

-Con todo, o actual alcalde sinala que esta situación vén herdada do goberno do PP e que a Xunta non parece interesada en axudar o actual problema de financiamento.

O argumento do alcalde é falso e iso demóstrao que o seu propio socio de goberno, o BNG, non o cre. Cando se conseguiu construír a residencia claro que houbo unha situación herdada do PP porque construiu a residencia que demandaba o pobo de Foz. Había un asilo da beneficencia e había que trasladar os seus usuarios a residencia. A Xunta, quen é titular da residencia, dixo que se queriamos trasladar os usuarios do asilo, a residencia debe ser municipal, para iso cederíannola sen custo ningún por catro anos. A partir de aí vós xestionádela e así os veciños terán prioridade. Se quedase en mans da Xunta non poderiamos levar os residentes do asilo porque as residencias autonómicas funcionan de maneira moi diferentes. Por iso, naquel momento, interesaba que o Concello levase a residencia e aínda nos segue interesando seguir así despois de catro anos. O argumento viciado de tentar culpar a Xunta é unha posición do señor Cajoto que non ten sentido. Por iso lle dixemos ao alcalde que sacase unha liña de axudas. Seguramente, con esta liña de axudas a cuestión podería saír máis barata que estar pagando todo canto non quixo pagarlle con anterioridade.

-Cre que, nestes momentos, pode darse un achegamento de posturas entre os partidos de goberno coa oposición e máis coa plataforma de afectados?

Claro que pode haber, mais quen non entende isto é o señor Cajoto porque, por unha parte, politicamente benefíciao meterse coa Xunta de Galicia e crear un conflito con ela. Tampouco nos recibiu, e isto último non o pide o PP senón a Plataforma de afectados e o BNG que aínda é socio de goberno. Insistimos na liña de axudas para os usuarios e afrontar as altas tarifas. Quen parece cómodo nesta situación enfrontamento coa Xunta e en gastar diñeiro é o señor alcalde que segue teimando nunha situación que prexudica a moita xente.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...