InicioCentralFozFoz reclama á Valedora do Pobo unha reunión coa conselleira de Política...

Foz reclama á Valedora do Pobo unha reunión coa conselleira de Política Social

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, viaxaron a Santiago de Compostela hoxe, venres, para reclamar á Valedora do Pobo unha reunión coa conselleira de Política Social, Fabiola García, con quen queren falar sobre a residencia de maiores, que é propiedade da Administración autonómica, e doutros asuntos que afectan ao concello de Foz nos que ten competencias este departamento da Xunta.

Con este mesmo obxectivo Fran Cajoto e Ana Rojo xa se desprazaran a Santiago o 20 de setembro e o día 27 do mesmo mes interpelaron á conselleira de Política Social durante unha visita de Fabiola García a Ribadeo.

Os responsables do goberno municipal de Foz mostran o seu malestar por seguir sen ter resposta ás súas solicitudes dunha entrevista coa responsable autonómica. “É indignante que non atenda unha petición de reunión urxente que xa lle remitimos en xuño e que volvemos enviar o 3 de setembro”, manifestan.

Cajoto lembrou que existe un problema coas tarifas da residencia de maiores “derivado da xestión do anterior alcalde”, o popular Javier Castiñeira, que “asumiu unhas competencias impropias ao reclamar para o Concello a xestión do centro, aínda que se comprometeu a que non lle custaría nada a Foz. Pero iso deriva nuns prezos elevados que se está reclamando que baixen, aínda que a única solución posible ten que partir da Xunta”.

O Concello de Foz está gastando anualmente máis de 700.000 euros por prestacións de servizos sociais “que lle corresponde pagar á Consellería de Política Social, pero que ao final repercuten nos impostos de todas as veciñas e todos os veciños. Non imos parar ata que consigamos esa reunión, ata que se escoite as veciñas e veciños de Foz”, insiste o alcalde.

Francisco Cajoto lamentou tamén que “o único que fai Castiñeira agora, tras crear o problema, é engordalo, entorpecer a xestión, evadir as súas responsabilidades e mentir. Ao tempo a Xunta está a bloquear calquera tipo de solución mantendo o silencio e negándose a falar co Concello”.

A concelleira de Servizos Sociais contrapuxo esa actitude coas numerosas reunións que mantivo o equipo de goberno de Foz coa plataforma que crearon os afectados e afectadas e afirmou que o Concello garante que ninguén teña que abandonar a residencia por falta de recursos. “Somos respectuosos cos usuarios e as familias, pero tamén honestos coa xestión dos fondos públicos que, por outra banda, son impostos que saen dos petos das nosas veciñas e veciños. Tan só pedimos que nos conceda media hora do seu tempo e nos escoite. Co debido respecto á conselleira, cremos que é un dereito que nos asiste como representantes lexítimos do pobo de Foz”.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...