InicioCentralFozOktober Fest en Foz para os días 11 e 12 de outubro

Oktober Fest en Foz para os días 11 e 12 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

Os días 11 e 12 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA.

Na cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar a hostalería local a véspera do Pilar e esa mesma xornada festiva, que coincide en sábado”.

A October Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro.

A Oktober Fest está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...