InicioCentralFozO Concello de Foz estrea nova tempada do Baile dos Domingos na...

O Concello de Foz estrea nova tempada do Baile dos Domingos na Sala Bahía

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz, en colaboración con Sanbet Agencia, estrea nova tempada do Baile dos domingos na Sala Bahía. En horario de 20 a 23 horas e cun prezo de cinco euros, esta semana actuará La Clave. O día 13 de outubro será a quenda do dúo Maracaibo, o día 20 actuará o dúo Venus e o 27 pechará Carlos Manteiga o mes de outubro.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia: “comezamos nova tempada, outono-inverno, do baile dos nosos maiores. Unha actividade de divertimento, moi motivadora e gratificante para eles, onde ademais de facer exercicio físico con baile, escoitan música, interactúan e se relacionan. É a mellor das terapias para o seu benestar, físico, mental e emocional, a ben chamada bailoterapia. Dende o Concello queremos fomentar unha participación proactiva das persoas maiores, un espazo de encontro onde poidan ampliar moitas das veces o seu círculo social, evitando así o sedentarismo, a soidade, que moitas das veces son a porta de entrada da depresión e da tristura. Animámolos a participar, a desfrutar da tarde noite do domingo na nosa Sala Bahía, deixando a un lado os problemas”.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca o traballo da concelleira Ana Rojo e das actividades que programa para un colectivo cada vez máis activo. “Estamos moi satisfeitos de poder ofrecer unha ampla oferta de actividades. Non falamos só dos bailes, a concelleira Ana Rojo está ultimando tamén a variada programación dos cursos de inverno, tanto no casco urbano como nas parroquias. Temos cine, que nos chega da man de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e unha ampla programación teatral disposta pola Concellería de Cultura de Inés López Couto coa obra Testosterona, de Malasombra Producciones, programada para este venres 4 de outubro ás 20.30 horas na Sala Bahía. Ademais comezamos co teatro nas parroquias e esta fin de semana poderemos desfrutar da obra A inmortal, da Asociación Cultural O Pedroso, o sábado 5 ás 19 horas na Escola de Fazouro e o domingo 6, tamén ás 19 horas, no centro social de Cangas”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...