InicioCentralFozFoz inicia as proxeccións do Ciclo Premios Mestre Mateo

Foz inicia as proxeccións do Ciclo Premios Mestre Mateo

Publicada o

- Advertisement -

Este mércores comezan as proxeccións do Ciclo Premios Mestre Mateo, da man da Delegación de Xuventude. No mes de outubro o cine galego é o protagonista en Foz.

A Casa da Cultura volve a converterse nunha sala cinematográfica este mes de outubro coas proxeccións dos documentais, longametraxes e, por primeira vez, curtas do Ciclo Mestre Mateo. Todas as finalistas poderanse ver os mércores e xoves deste mes, ás 20h. Tan só deixamos para o domingo 13 a película Salta!, para todos os públicos.

O documental A viaxe de Lucy, este mércores 2, será o encargado de inaugurar as proxeccións. O xoves será a quenda da longa metraxe Fatum.

A semana que vén teremos cita co documental Chichi e máis eu o mércores 9 e co filme Matria, o xoves 10. E o domingo 13, a partir das 18h, será quenda para o filme para todos os públicos, Salta!

Emoción vida e teatro: a nave das Marías, será o documental que se proxectará o mércores 16, e o xoves 17 poderemos gozar da gañadora a mellor longametraxe, O corno.

O mércores 23 será o gañador a mellor documental o protagonista, Os espazos en branco. E o xoves 24 e mércores 30 teremos dúas sesións nas que proxectaremos as curtas finalistas, tanto de animación como de imaxe real.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, destaca a oportunidade un ano máis, da man da Academia do Cine Galego e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, de poder gozar do mellor cine galego do ano, con proxeccións non só de longametraxes que se distribuíron en salas de cine, senón de documentais e curtas que non tivemos posibilidade de ver.

Mércores e xoves de outubro, 20h, na Casa da Cultura, sesións do mellor cine galego, con inicio o día 2 e fin o día 30, e cunha sesión para todos os públicos o domingo 13, ás 18h.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...