InicioCentralFozO PP de Foz reclama ao alcalde que "deixe a súa actitude"...

O PP de Foz reclama ao alcalde que “deixe a súa actitude” sobre a residencia de maiores

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, pídelle a Cajoto que deixe a súa actitude solitaria e desafiante e se una ao PP e ao BNG para resolver as taxas da Residencia de Maiores. No pleno celebrado este pasado xoves en Foz demostrouse que o alcalde deambula so na corporación municipal e, especialmente, na terceira adxudicación que pretendía da residencia; quedase so pola súa nula capacidade para escoitar e negociar.

Cajoto está sendo desafiante cos compañeiros da corporación aos que ameaza con responsabilidades persoais; desafiante cos familiares dos usuarios da residencia aos que non escoita, aos que expulsou do pleno e aos que nunca comprendeu; desafiante coa Xunta de Galicia, unha administración que nos cedeu a residencia totalmente equipada para todos os focenses; e desafiante coa actual empresa que nos peores momentos seguiu adiante e que está facendo un coidado dos nosos maiores, unha empresa á que o Concello lle debe 122.500 euros polo impago das mensualidades desde abril, segundo os documentos que puidemos sacar do expediente”, sinala o voceiro do PP de Foz.

A mala xestión do asunto da residencia por parte do alcalde estalle costando cartos a todos os focenses e coa solución que propuxo o Partido Popular e os familiares dos residentes, probablemente, o Concello aforraría preto da metade dos 30.000 euros que está pagando ao mes por non ter feito ben as cousas.

O BNG debe recapacitar sobre quen ten como socio de goberno

“E ao BNG, por un lado, eloxiámoslle o seu cambio de postura, valente e que os honra , pero, por outro lado, recomendámoslle que analice con que está asociado que os despreza de xeito reiterado”, finaliza Javier Castiñeira.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...