InicioCentralFozA Federación de Comercio da Mariña organiza un Foro de Análise sobre...

A Federación de Comercio da Mariña organiza un Foro de Análise sobre o aluguer

Publicada o

- Advertisement -

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro de Análise o vindeiro 3 de outubro en Foz. O aluguer será o protagonista da cita, que terá lugar no Cenima a partir das 19:00 horas.

Baixo o título de Traballo na Mariña lucense, onde vivo? o Foro analizará a problemática para atopar pisos de aluguer de tempada na comarca mariñá tras o boom das vivendas de uso turístico. A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “hai moita preocupación nos diferentes colectivos de traballadores, xa sexa para incorporarse a empresas, a tendas, a hoteis, a restaurantes, a centros de ensino ou mesmo ao hospital, porque non atopan pisos para alugar nas vilas nas que van estar traballando e nas que lles gustaría vivir e asentarse. No caso de Ribadeo, por exemplo, sabemos que ou alugan nos concellos veciños ou aquí é practicamente imposible”.

Cruzado Iglesias engade “ese será un dos aspectos que abordemos xunto coa inquedanza que as vivendas de uso turístico xeran tamén no sector hoteleiro. É un Foro de Análise no que pretendemos coñecer de preto cómo se atopa o aluguer na Mariña, falaremos das solucións ou medidas que habería que tomar para que a situación mellore e cara onde queremos ir desde o punto de vista turístico”.

O Foro de Análise da FCAM será aberto a todo o público que queira asistir. No mesmo participarán : Néstor Sordo, CEO de Inmoriba; Joaquín López, xerente do Hotel O Cabazo; Fran Cajoto, alcalde de Foz; Paloma Vázquez, xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; Tania Hermida, axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense; e Carmen Cruzado, presidenta da Acisa e da FCAM.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...