AciaFozCCA repartirá 55.000 premios na súa nova campaña Rasca Gaña, que se desenvolverá desde hoxe ata o 31 de outubro.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “o que pretendemos é contribuír á dinamización económica dos establecementos participantes nesta nova campaña que hoxe poñemos en marcha e premiar á súa fiel clientela”.
Na campaña Rasca Gaña de AciaFozCCA participan 31 locais: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Don Zapato, Dermoterapia Centro de Estética, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Infotec, Isla, Koquetas Moda, Kukadas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Los Dulces de Delphine, Lourdes Moda Íntima y Baño, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Pirde Calzado, Pirde Moda, Thecé, Tien 21 Celso, Unique, Vas’s, Vas’s Oulet e Xoguetería Bahía.
Os premios disfrutaranse segundo as condicións de cada establecemento e non son acumulables entre eles nin con outras ofertas.
A Xunta de Galicia e o Concello de Foz colaboran con AciaFozCCA nesta campaña, que foi presentada polo presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, polo alcalde focense, Fran Cajoto, e pola concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Desde AciaFozCCA lembran que “ata o 30 de setembro segue en marcha a campaña Merca no teu negocio da Federación Galega de Comercio. En xogo haberá 11.000 euros en 50 bonos de 200 euros cada un. En Foz xa houbo varias persoas afortunadas en edicións anteriores destas campañas e agardamos que a sorte lle volva sorrir á clientela do noso comercio”.