InicioCentralFozCajoto insiste diante da Xunta en ser recibido pola conselleira de Política...

Cajoto insiste diante da Xunta en ser recibido pola conselleira de Política Social

O rexedor explicou que existe un problema coas tarifas da residencia de maiores “derivado da xestión do anterior alcalde”, o popular Javier Castiñeira, “que asumiu unhas competencias impropias” ao reclamar para o Concello a xestión do centro, aínda que se comprometeu a que non lle custaría nada a Foz

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, reclamou este venres pasado ante a sede da Xunta unha reunión coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para abordar o problema dos prezos da residencia de maiores de Foz, un centro que, tal e como recordou o rexedor, é propiedade da Administración autonómica.

Cajoto, que acudiu a Santiago na compaña da concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, mostrou o seu malestar por ter que “petar de novo á porta da consellería” tras non obter resposta ás súas solicitudes dunha entrevista coa responsable autonómica. “É indignante que non atenda unha petición de reunión urxente que xa lle remitimos en xuño e que volvimos enviar o 3 de setembro”, denunciou.

O rexedor explicou que existe un problema coas tarifas da residencia de maiores “derivado da xestión do anterior alcalde”, o popular Javier Castiñeira, “que asumiu unhas competencias impropias” ao reclamar para o Concello a xestión do centro, aínda que se comprometeu a que non lle custaría nada a Foz. Pero “iso deriva nuns prezos elevados que se está reclamando que baixen”, aínda que a única solución posible “ten que partir da Xunta”.

O Concello de Foz está gastando anualmente máis de 700.000 euros por prestacións de servizos sociais “que lle corresponde pagar á Consellería de Política Social”, pero que ao final repercuten “nos impostos de todas as veciñas e todos os veciños”, explicou Cajoto. “Non imos parar ata que consigamos esa reunión, ata que se escoite as veciñas e veciños de Foz”, insistiu.

Francisco Cajoto lamentou tamén que o único que fai Castiñeira agora, tras crear o problema, é engordalo, entorpecer a xestión, evadir as súas responsabilidades e mentir. Ao tempo, a Xunta está a bloquear calquera tipo de solución mantendo o silencio e negándose a falar co Concello.

A concelleira de Servizos Sociais contrapuxo esa actitude coas numerosas reunións que mantivo o equipo de goberno de Foz coa plataforma que crearon os afectados e afectadas e afirmou que o Concello garante que ninguén teña que abandoar a residencia por falta de recursos.

Logo de agardar durante máis dunha hora en San Caetano, o alcalde e a edila trasladáronse ao Parlamento de Galicia, onde se reuniron coa viceportavoz do Grupo Socialista Elena Espinosa e co deputado Carlos López Font. Ambos se comprometeron a denunciar o problema na Cámara e promover iniciativas na busca dunha solución.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....