InicioCentralFozACIAFOZCCA sorteou 500 euros en vales de compra na campaña 'Volta ao...

ACIAFOZCCA sorteou 500 euros en vales de compra na campaña ‘Volta ao Cole’

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, felicita aos premiados e agradece a confianza depositada no comercio local “para mercar todo o preciso para a volta ao cole do novo curso iniciado hai uns días e tamén para a nova tempada outono-inverno"

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña da Volta ao Cole, que se desenvolveu entre o 29 de agosto e o 15 de setembro. O sorteo tivo lugar en Radio Foz.

Os números agraciados cun vale de 50 euros cada un foron os seguintes: 19105, entregado en Infotec; 13568 en Koqueta Moda; 8823 entregado en Los Dulces de Delphine; 4070 en Alba Vila, centro dietética; 18386 en Veipa; 3172 en 5 Lobiños; 17164 entregado en florería Ana Fabeiro; 4403 en Vas’s Outlet; 14101 en Chuvia; e 10750 en Libraría Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, felicita aos premiados e agradece a confianza depositada no comercio local “para mercar todo o preciso para a volta ao cole do novo curso iniciado hai uns días e tamén para a nova tempada outono-inverno. Mercando en Foz seguimos facendo pobo”.

AciaFozCCA contou para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...