InicioCentralFozManuel García, residencia Foz: "Desde o Concello afirmaron que as subas nas...

Manuel García, residencia Foz: “Desde o Concello afirmaron que as subas nas tarifas son legais”

Manuel García forma parte da Plataforma de afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz. O pasado mércores once de setembro presentaron unha petición para reunirse co alcalde de Foz e tratar o tema da suba nas tarifas da residencia que consideran desproporcionada. Até o de agora o Concello asume uns custos e as tarifas que pagan os usuarios e familias son as da anterior concesión, mais de aplicarse a suba habería incrementos superiores ao 50% nalgúns casos, din desde a plataforma.

Publicada o

- Advertisement -

-O pasado mércores 11 de setembro a Plataforma de afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz presentaba unha solicitude de reunión co alcalde, representantes dos grupos da corporación e representantes da Plataforma. Está resultando difícil encontrar unha saída para a situación da residencia e centro de día?

Isto nace a raíz dun estudo de viabilidade solicitado polo Concello. O motivo foi que a anterior concesionaria acabara o contrato e iniciouse un proceso de adxudicación. Despois de pasar todos os filtros, iso é certo, vimos que había un incremento de tarifas moi elevado. As persoas autónomas pasaron de 832 euros a 1.630,72 euros, un incremento dun 90%, certo que aí hai pouca xente. Os de grao 1 pasarían de 1.019,20 euros tamén a 1.630,72 euros, incremento dun 60%. Os de grao 2 están pagando agora 1.222 euros pasan a pagar 2.012,92, o incremento é de 64,72%. Os de grao tres pagan 1.326 euros agora, pasarían tamé a 2.012,92 euros, elévase a un 51,8%. Hoxe en día, a media estaría en 1.099,80 euros e pasaría a 1.832,82 euros e a porcentaxe de incemento é 65,65%. Facendo unha comparativa, as residencias da Deputación en Ribadeo e Trabada, os usarios pagan 1.080 as persoas autónomas e de menor grao, por exemplo, e os de maior dependencia pagan 1.390. A comparación con Foz é dunha diferenza moi alta.

-Que resposta recibiron cando preguntaron pola suba das tarifas na residencia?

Entendemos que o estudo de viabilidade contempla uns ingresos a sete anos, isto significa que o contrato sería de cinco anos máis dúas prórrogas. Aínda así, debido a que os prezos quedan establecidos nese importe durante ese período de tempo, os gastos van subindo, o cálculo é de 211.141 euros. Este impacto, este cálculo, é trasladado ao primeiro ano e aí está o motivo da nosa protesta. Nós propoñémoslle unhas tarifas máis baixas e incrementar a porcentaxe anualmente segundo o IPC ou outro concepto até o sétimo ano. Coa proposta do Concello a empresa concesionaria gaña un 41,38%, o segundo un 70,77% acumulado, o terceiro ano un 86,88% tamén acumulado e o cuarto ano gañaría un 97,96% e se cumpre o contrato até o quinto ano, o beneficio sería dun 103,48%. No sexto ano gañarían moi pouco, o séptimo ano tería perdas.

-Cal é a situación actual das persoas usuarias dentro da residencia?

O persoal estao facendo moi ben e nós pagamos as mesmas cotas que pagabamos até o de agora.

-O mércores pasado presentaron unha petición para reunirse co alcalde. Cales son as reaccións que viron desde o Concello e as solucións que lles propón?

Solucións ningunha. Esta semana predímoslle unha resposta e aínda estamos pendentes de recibila, non hai avances.

-Sobre a suba das tarifas, que explicación lles remitiu o goberno local?

A resposta é que as subas fanse en concordancia coa lei, que todo está regrado e todo isto é o resultado da licitación. As tarifas ían ser algo máis altas, iso nos dixo o Concello cando sacou a licitación o contrato, mais a empresa CK Senior fixo unha rebaixa do 2% o importe que establece o contrato e pasamos a estes prezos que describimos.

-Actualmente, quen está levando a residencia?

A raíz da pandemia e case finalizado o contrato da concesionaria, esta mesma dixo que non podía seguir con eses prezos. Nun principio houbo algún problema entre o Concello e a empresa aínda que despois chegaron a un acordo con outros prezos. Este acordo leva ao Concello a pagar sobre 30.000 euros por mes.

-Nese caso estamos vendo que o Concello se fai cargo da residencia, mais non é a Xunta quen debera encargarse da mesma?

No seu momento, en 2018, cando foi adxudicada había unha serie de persoas residindo no asilo. O Concello fíxolle unha proposta á Xunta, primeiro houbo unha cesión do terreo, logo construiuse a residencia, o propietario do edificio é a Xunta e naquelas datas o Concello asumía a xestión e o goberno galego dixo que debía ser sen custo, non debía custarlle nada ao municipio. Así, asumiron a xestión e daquela non había problema porque as pensións e as tarifas estaban máis ou menos equilibradas. Debemos dicir que nós sempre lle pagabamos á empresa. A empresa pola contra, ameazou cun concurso de acredores e a raíz disto alcaldía e empresa chegaron a un acordo provisorio e de aí a diferenza que está soportando o Concello.

-A Xunta dixo que a residencia non podía ter cutos para o Concello. Se non intervise o goberno local como podería funcionar a residencia?

A nosa proposta foi que sobre as cotas previstas para pagar aceptabamos o incremento do 20,2%, isto é o IPC acumulado nos cinco anos que leva a actual concesionaria, sobre esa porcentaxe aceptamos un incremento do IPC ou similar ano a ano para ir eliminando o déficit que ten o Concello. Sobre iso, a resposta foi que presentemos un informe xurídico para saber se é legal ou ilegal a nosa proposta, nós dixemos que o Concello ten os seus servizos xurídicos para poder consultar e así poder mostrar onde é ilegal e onde non. Á parte diso, para subir as cotas desta maneira e poder manter o prezo, hai uns conceptos viciados como os gastos de estrutura contemplados no estudo de viabilidade e suman 380.654 euros, é como se inchasen os importes. Logo están os investimentos, uns 80.000 euros, para iso a empresa tería que pedir un crédito de 15.000 euros, total, 95.000 euros. Ese concepto teno que asumir quen é propietario do edificio, por que van pagar os usuarios actuais investimentos nun edificio que non é deles? Tamén incrementa o persoal de media en dúas persoas. Isto demostra que para manter as tarifas dos sete anos sobes os custos para xustificar o incremento de tarifas.

-Desde a alcaldía sinalan que deben pagar 370.000 euros por ano máis as cantidades do Servizo de Axuda no Fogar, 340.000 euros que tamén paga o Concello. Son uns 700.000 euros que, desde a alcaldía, sinalan debería asumir a Consellería de Política Social. Están de acordo con estes datos?

Estou de acordo en parte porque non debe mesturar as axudas no fogar coa residencia. Axuda no Fogar ten unha parte que paga a Xunta, outra parte o prezo que paga por hora e logo outra parte abonada polos usuarios. Non temos os datos, mais Axuda no Fogar está establecida en todos os concellos igual, a diferenza pagan unha parte os usuarios e outra parte o Concello. Nos orzamentos municipais vén unha partida da Deputación que establece unha porcentaxe por lei para Axuda no Fogar.

-Pediron reunirse coa Consellería de Política Social?

Non, porque o primeiro que dixemos foi chegar a un acordo con isto e logo non tiñamos problema en ir co alcalde falar con Política Social.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...