InicioCentralFozIntensa fin de semana en Foz con actividades culturais

Intensa fin de semana en Foz con actividades culturais

“Nos vindeiros meses cada fin de semana en Foz haberá novidades, esperemos que todo o mundo o desfrute”, remata a concelleira de Cultura, Inés López Couto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz continúa coa súa programación cultural esta fin de semana, que será intensa. Ao teatro afeccionado únense as charlas San Martiño no Camiño e a chegada do ciclo Galicia Escena Norte .

Este venres, 13 de setembro, no Museo da Basílica de San Martiño darán comezo os coloquios de San Martiño no Camiño, unhas charlas que se veñen organizando nos últimos anos para dar a coñecer a historia da Mariña e máis concretamente a relativa a San Martiño de Mondoñedo (Foz). Esta primeira charla será impartida por Carlos Andrés González Paz, actualmente no Instituto de Estudos Galego Padre Sarmiento, é un recoñecido historiador do medievo e explicará De Dumio a San Martiño de Mondoñedo: a Eccllesia Dumiensis na historia eclesiástica da Galicia Medieval. A charla está programada para ás 19.00 horas. O venres 20 continuará este ciclo con Antonio Reigosa Carreiras e As lendas da Mariña, á mesma hora.

O sábado 14 de setembro, na Casa da Cultura será a quenda do teatro afeccionado. Continua o Fegateatro en Foz, esta vez coa comedia musical Xacovedra, de Andaravía Teatro. Será ás 19.00 horas e o prezo da entrada é de 3 euros.

O domingo 15 de setembro chega a Foz o ciclo Galicia Escena Norte, co espectáculo de circo By ò Bu. Aproximación al no existir. Será na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas. En caso de mal tempo trasladarase á Sala Bahía.

“Nos vindeiros meses cada fin de semana en Foz haberá novidades, esperemos que todo o mundo o desfrute”, remata a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

ÚLTIMAS

O Goberno central anula a reunión de seguemento de Alcoa prevista para o luns 9 de decembro

O Goberno central anulou a reunión de seguimento de Alcoa prevista para o vindeiro...

O Concello de Ribadeo declara que se abriron 42 empresas no municipio no último ano

A apertura de negocios segue medrando en Ribadeo, onde se instalaron 42 empresas no...

Xove acenderá a Árbore e Nadal este xoves ás 18:30

A continuación enviamos información acerca da inauguración do Nadal 24-25 hoxe en Xove: O Concello...

O Resurrection Fest completa cartel con grandes grupos como Slipknot, KoRN, Judas Priest e Till Lindeman

O Resurrection Fest anunciou 80 novos nomes que perfilan o cartel definitivo para a edición do...