InicioCentralFozO PP de Foz denuncia falta de xestión do Concello polo mal...

O PP de Foz denuncia falta de xestión do Concello polo mal estado das marquesiñas

“Isto é unha auténtica vergoña polo que tanto PSOE como BNG deberían pedir perdón aos veciños pola nefasta programación deste inicio de curso escolar”, finaliza Laura Riveira

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz denuncia a falta de xestión do equipo de goberno ante o inicio do curso escolar ao ter abandonado o mantemento das marquesiñas que hai no rural. Un dos exemplos está no barrio de Ribela, na parroquia de Cangas, no que esta instalación está chea de sucidade e maleza o que impide que os nenos a utilicen para esperar o autobús.

O peor xa non é o total abandono das parroquias senón que os veciños acoden ao equipo de goberno para denunciar esta circunstancia e ninguén os escoita polo que, debido a esta deixadez, en moitos casos son os propios pais e nais dos nenos os que fan os traballos de rozado e limpeza para poder usar estas marquesiñas”, lamenta a concelleira popular, Laura Riveira.

“Isto é unha auténtica vergoña polo que tanto PSOE como BNG deberían pedir perdón aos veciños pola nefasta programación deste inicio de curso escolar”, finaliza Laura Riveira.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...