A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Dia de Foz, rexistrou o pasado luns 9 de setembro unha solicitude de reunión. Nese encontro piden que estean presentes tanto a Plataforma como os grupos da corporación.
O obxectivo é chegar a un acordo que permita solucionar a actual situación en que está a residencia.
A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Dia de Foz, considera que as subas nas tarifas da residencia e centro de día non son asumibles. Pola súa parte, o Concello de Foz ten solicitado reunirse coa conselleira de Política Social quen aínda non ten recibido ao alcalde.