InicioCentralFozO PP de Foz critica "a falta de talante" do alcalde Fran...

O PP de Foz critica “a falta de talante” do alcalde Fran Cajoto

O PP de Foz tamén chamou a atención ao alcalde por incumprir o artigo 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) ao non ter convocado pleno ordinario de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz define como “ridícula e falta de talante a actitude do señor Cajoto no pleno celebrado este pasado xoves”. Segundo os ‘populares’ é segunda vez queda sen ser adxudicado o novo contrato da Residencia de Maiores por retiralo, a estancia dun informe da Secretaria unha vez analizado o recurso interposto polo Grupo Municipal do Partido Popular que impugnaba o anterior pleno porque “o alcalde incumpriu o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) ao non deixar votar que se deixara enriba da mesa; e é unha falta de talante xa que Cajoto volveu a expulsar da sesión plenaria aos familiares dos usuarios por aplaudir a retirada da adxudicación mentres non se aclare todo e se adopten medidas para solucionar a subida das taxas”.

Dende o Partido Popular pídenlle a Cajoto que “recapacite despois destes dous fracasos e que se sente a falar cos grupos políticos e cos familiares para darlle unha solución a este asunto e aliviar a subida das taxas”. As propostas do PP de Foz están entre un canon fixo que ten que pagar o Concello ou ben “modificando as axudas de emerxencia que, no seu momento, foron deseñadas para casos de beneficiencia e non para as subidas que propón o equipo de goberno”.

“O alcalde ten unha actitude absolutamente irresponsable de gran gravidade cando leva ao pleno a adxudicación do novo contrato sabendo que hai persoas que están na residencia e que non van a poder pagar este servizo. Trátase dun caso de interese público e social que é necesario resolver antes de que entren en vigor as taxas abusivas do señor Cajoto”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira

Incumprimento do artigo 78 do ROF
O PP de Foz tamén chamou a atención ao alcalde por incumprir o artigo 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) ao non ter convocado pleno ordinario de xullo, tal e como está pactado no pleno de organización que se fai ao inicio da lexislatura.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...