InicioCentralFozFoz presenta a súa programación cultural de outono-inverno

Foz presenta a súa programación cultural de outono-inverno

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, engade que “o calendario vén cargado de propostas que se poderán coñecer o vindeiro sábado"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz dá esta fin de semana o pistoletazo de saída a súa programación cultural outonal, que inclúe danza, teatro, circo de rúa e música. A presentación realizarase este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas na Sala Bahía, que acollerá dous espectáculos de danza. Poderán desfrutarse de forma gratuíta.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o primeiro dos espectáculos que se poderá ver é Rito,unha peza que poñerán en escena os alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo en colaboración coa compañía Colectivo Glovo. A continuación será a quenda de Colectivo Glovo, coa súa obra Tabú. Agardamos que este primeiro día, no que comezamos a tempada con danza, o público poida ver a fantástica programación que deseñamos para os vindeiros meses”.

Inés López Couto engade que “o calendario vén cargado de propostas que se poderán coñecer o vindeiro sábado. Pero non é a única oferta da finde, xa que o domingo comeza o Festival de Teatro Afeccionado de Foz, no que o Concello colabora coa Asociación Pico do Castro e Fegatea. Pico do Castro forma parte da Federación Galega de Teatro Afeccionado e propúxonos traer a Foz un festival para que todo o mundo poida ver as obras das compañías galegas que forman parte da federación. Pareceunos unha idea xenial e comezamos este domingo ás 19.00 horas na Casa da Cultura coa obra Arte, de Hipócrita Teatro. O prezo da entrada será de 3 euros”.

A concelleira de Cultura destaca que “a danza, o teatro afeccionado, o teatro profesional, o circo de rúa, a música,… serán parte dun calendario que promete ter moita actividade en Foz nos vindeiros meses. Para nós a cultura é fundamental polo que as propostas pretenden chegar a tódolos públicos. E, por suposto, continuaremos coa axenda aberta para novas ideas”.

E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, convida “a que todos aqueles que queiran ver cultura de calidade en todos os ámbitos nos acompañen en Foz, xa que tanto asociacións como profesionais ofrécennos un outono cheo de vida”.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...