InicioCentralFozA concelleira de Facenda de Foz pide ao PP "ser rigoroso" sobre...

A concelleira de Facenda de Foz pide ao PP “ser rigoroso” sobre a modificación da ordenanza do IBI

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Facenda de Foz, Inés López Couto, insta ao PP a “non dar datos ao chou escollidos dos informes sen lelos despois das afirmacións erróneas do líder da oposición, o señor Castiñeira”, sobre o imposto de bens inmobles (IBI).

“Sabemos que os datos dos informes poden utilizarse de forma neglixente, pero neste caso é unha barbarie. Os datos da tesourería indican que a recadación prevista para o 2025 é de 2.847.754 euros fronte aos 2.833.975,16 euros previstos para este ano. O incremento é de só 13.779 euros, un 0,5% máis, e non o que di o líder da oposición dun 3,8%. Son datos e hai que dalos e non malinformalos”, explica Inés López Couto, que engade: “se non entenden os informes poden esperar á comisión informativa para ter máis datos, antes de saír a faltar ao respecto porque si”.

A concelleira de Facenda manifesta ademais que “o señor Castiñeira subiu o IBI de forma lineal máis dun 50%, no peor da crise do ladrillo, cando peor o estaban a pasar as familias. Ademais a nós,nunca se nos ocorrería inventarnos unha bonificación que estivera fóra da lei, tal e como prometeu o 14 de abril de 2023 o señor Castiñeira, indicando que ía bonificar aos empadroados, o cal está fora de toda normativa e aínda non nos explicou a que punto da lei se ía acoller”.

Inés López Couto engade: “cremos na progresividade e na xustiza social, por iso a proposta establece unha bonificación ás familias numerosas en función dos seus ingresos, tal e como marcamos no programa electoral. Igualar os tipos serve para que os veciños do rural non se vexan prexudicados.”

A edil de Facenda comenta tamén: “sexamos serios. Unha subida no tratamento do lixo a metade de curso como fixo Sogama (os custes increméntanse máis dun 33%) sen ningún aviso e cando o orzamento xa está aprobado, moi por riba da subida das taxas do lixo que non chegarán para pagar este incremento, é un ataque sen escrúpulos á administración máis pequena, que son os concellos”.

“Pedimos rigor, que se argumente e non se insulte. Ao insulto só recorren os que non teñen capacidade para argumentar”, finaliza a concelleira.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...