InicioCentralFozFoz estrea parque infantil no barrio de Marzán

Foz estrea parque infantil no barrio de Marzán

Publicada o

- Advertisement -

Este venres, 23 de agosto, o Concello de Foz procedeu á reapertura do parque infantil de Marzán, que foi renovado integramente.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que esta actuación foi posible grazas a un investimento de 32.000 euros aportados pola Deputación de Lugo: “fíxose unha renovación integral do parque, cun pavimento continuo de caucho con distintas cores e xogos de gran calidade”.

O rexedor municipal destaca “a nova estrutura con zona de escalada e togobán, apta para nenos de 3 a 14 anos, cunha lonxitude de máis de 9 metros e na que a plataforma máis elevada está a 2,10 metros do chan”.

O alcalde anuncia que “nun breve prazo substituiranse os 8 bancos existentes no parque por novo mobiliario e dispoñeranse catro pezas biosaudables (pedais, manivela rotativa, pé oscilante e zig-zag) para completar o espazo, en virtude aos remanentes da adxudicación que xa foron solicitados á administración provincial”.

Os traballos continúan estes días no parque infantil do Cu do Castro, na praia de Llas, que se pechou ao público durante a execución da obra.

ÚLTIMAS

Ourol, con 14 explotacións, o concello con máis permisos caducados en Galicia

O Concello de Ourol rexistra un total de 14 explotacións mineiras con permisos caducados que...

O goberno de Viveiro ve “incomprensible” o voto contrario á RPT de XViveiro e PP

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, consideran...

Usuarios dunha residencia na Pontenova denuncian a mala calidade da comida

Os usuarios dunha vivenda comunitaria na Pontenova enviaron á Defensora do Pobo denunciando o...

Viveiro presenta o plan de accesibilidade á veciñanza

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizará unha presentación ante a veciñanza do seu...