InicioCentralFozAs xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

Publicada o

- Advertisement -

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo e 1 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz. A actividade está impulsada unha ano máis pola asociación A Pomba do Arco, que leva xa 27 anos organizando este evento.

As xornadas arrancan o 29 de xullo ás 20:30 cunha palestra de Rafael Quintía sobre a medicina popular na comarca da Mariña. A disertación versará sobre os metodos curativos tradicionais empregados nestas terras de xeito xeneralizado até finais do século XIX, unha parte dos cales continúan sendo empregos actualmente polos propios facultativos.

Rafael Quintía é un dos máis recoñecido antropólogos galegos. Profesor-titor de Antropoloxía na UNED, onde imparte as materias de Antropoloxía da Relixión e Antropoloxía Económica no Grao de Antropoloxía Social e Cultural de Antropoloxía Social e Cultural, é autor dunha ampla bibliografía sobre tema, con títulos como A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía ou Vade Retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega.

O martes 30 de xullo ás 20:30 intervirá Antonio Múñoz, cun relatorio titulado ‘Nas zarpas dos nazis: mariñáns vítimas de Hitler’. Múñoz é profesor no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa. Doutor en Historia pelo Instituto Universitario Europeo de Florenza e está especialidos nas relacións políticas entre Alemaña e o Estado español no século XX.

Múñoz achegárase na súa palestra á biografía de todas aquelas persoas naturais dos concellos da comarca da Mariña mortos nos campos de concentración da Alemaña nazi. Ao tempo, achegarase a experiencia de todos aqueles veciños desprazados como traballadores forzados durante a II Guerra Mundial a Alemaña no marco dos acordos entre os réximes de Franco e  Hitler  

O mércores 31 de xullo as 20:30 é a quenda de Antón Meilán, que se achegará á figura de Pedro Pardo de Cela. Meilán, autor de diversos traballos sobre este rebelde galego do século XV, recuperará as loitas de Pardo de Cela de contra Castela no marco da revolución do século XV, o cerco da fortaleza da Frouseira polos Reis Católicos e o seu degolamento en 1483 en Mondoñedo por orde dos monarcas castelás.

Antón Meilán, catedrático xubilado da área de Lingua e Literatura Española da Universidade de Oviedo e profesor emérito dese mesmo centro académico, fixo de Pardo de Cela  unha das liñas de traballo da súa carreira como investigador, sendo autor de diversas publicacións sobre esta personaxe ou a súa filla Constanza, morta en Caldaloba (Cospeito) en 1484 loitando contra Castela.

As xornadas féchanse o xoves 1 de agosto as 20:30 cunha palestra sobre A Mariña entre os séculos I e IV.  Neste caso, o relator é o doutor en Historia Antonio Rodríguez Baixeras, que atesoura  unha longa traxectoria como investigador, con diversos traballos referidos, particularmente, ao período medieval.

A palestra fará un percorrido polas terras da Mariña no período da romanización, desvelando as referencias a esta comarca nas fontes clásicas dos autores do período e percorrendo as pegadas dos romanos na zona. Neste sentido, son coñecidas as referencias á actividade comercial, moi particularmente á minaría con xacemento importantes en lugares como A Espiñeira, entre os concellos de Foz e Barreiros.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...