InicioCentralFozPresentación en Foz de libros sobre pesca e mar na Sala Bahía

Presentación en Foz de libros sobre pesca e mar na Sala Bahía

O sábado 13 de xullo ás 19:30 na Sala Bahía de Foz presentaranse dous libros sobre a cultura e a memoria mariñeira: “Unha historia do mar de Foz” de Xoán Ramón Fernández Pacios e “Embarcacións do mar de Foz. Botes, traíñas, lanchas e barcos”, de Antón Niñe Fernández

Publicada o

- Advertisement -

“A pegada da pesca: cultura e memoria mariñeira en Foz” é un proxecto impulsado polo Concello de Foz para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023. Este proxecto ten como principal obxectivo dar visibilidade á actividade mariñeira focense ao longo da súa historia, mediante a recuperación da memoria local dalgúns dos seus protagonistas, neste caso, a través do testemuño directo dos autores Xoán Ramón Fernández Pacios e Antón Niñe Fernández.

“Unha historia do mar de Foz” de Xoán Ramón Fernández Pacios, cronista oficial do concello de Foz dende o ano 2021, recolle, nas súas propias palabras, “recordos doutros tempos nos que o concello de Foz vivía xunguido ao mar.” Dende o século XV e ata mediados do século XX, momento no que alcanza a súa actual forma, recolle ao longo das súas páxinas a evolución desta vila, asociada sempre o mar.

Pola súa banda, Antón Niñe Fernández é investigador do patrimonio cultural na mariña lucense, ao que o concello de Foz lle ten outorgado o Premio Manuel María pola súa labor cultural divulgativa. O autor plasma en “Embarcacións do mar de Foz. Botes, traíñas, lanchas e barcos” a historia mariñeira da vila asociada ós distintos tipos de embarcacións artes de pesca e construción naval, con multitude de imaxes, dende os anos 20 do pasado século.

Ambos autores intervirán neste acto de presentación, no que relatarán a súa experiencia no desenvolvemento das súas obras, e estarán acompañados polo Alcalde do concello de Foz, Francisco Cajoto Caserío, e a concelleira de Economía, Facenda e Cultura, Inés López Couto. O acto está aberto a toda a veciñanza que desexe coñecer un pouco máis sobre a pegada da pesca en Foz.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...