InicioCentralFozAfectados da Residencia de Foz cualifican de anómala "a última sesión da...

Afectados da Residencia de Foz cualifican de anómala “a última sesión da mesa de contratación”

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma de afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz indica que “o alcalde de Foz deu un paso mais na súa fuxida cara adiante”. Denuncian que a última reunión da Mesa de Contratación para a Residencia Centro de Dáia de Foz celebrouse o 5 de xullo “con inusitada urxencia”. Ademais, tamén apuntan que o alcalde, Fran Cajoto, foi o único representante político presente.

A Plataforma lembra que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) ditara o 2 de xullo unha resolución anulando o pleno do 30 de maio, que adxudicaba a explotación do servizo da residencia e centro de día e a suba de tarifas. “O día 3 de xullo despois de que a oposición o dese a coñecer a través dos medios de comunicación, “o Alcalde afirmaba publicamente que no Concello non tiñan coñecemento de tal resolución. Unhas declaracións que parecen contradicirse co que ocorreu a continuación”.

Desde a Plataforma indican ter accedido á acta da Mesa de Contratación. Segundo sinalan o día 4, o presidente da mesma – o alcalde, Fran Cajoto – requiriu a empresa CK Senior Gestión para que esta entregase información adicional, dándolle un prazo de cinco dias naturais para elo. “Sorprendentemente, a empresa entregou ese mesmo día a información que se lle pedira. Na mañá do 5, o Concello xa dispoñía dun extenso informe, redactado por un avogado de Santiago de Compostela, no que se avalía a documentación presentada por CK Senior Gestión o día anterior”.

As conclusións da Plataforma é que non se debeu ler polo miudo a información enviada pola empresa. Sobre desta base, “as 13.30 horas do mesmo día 5, a Mesa de Contratación xa tiña tomado a decisión de volver a propor ó Pleno a CKSenior Gestión como adxudicataria da concesión”.

Apuntan que dentro das conclusións dun asesor externo apareceu un dato “interesante”, pois nel pode lerse: “4º) A partir de estas previsiones estiman una rentabilidad final de los 7 años de un 8,7% antes de impuestos, debidamente fundamentado, que hace perfectamente viable la oferta presentada”. A Plataforma destaca, pola contra, que se se examina o estudio de viabilidade sobre o cal se baseou toda a concesión “dita rendibilidade estimase nun 6,64 %, que unha vez recalculada pola oferta a baixa realizada por CK Senior Gestión quedaría nun 4,74 %”.

A Plataforma “pregúntase se o socio de goberno do Alcalde era sabedor de antemán de todo o que demos a coñecer á opinión pública neste e en anteriores comunicados“.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...