InicioCentralFozFoz comeza as melloras no parque infantil da Rúa Julia Minguillón

Foz comeza as melloras no parque infantil da Rúa Julia Minguillón

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz empezou as obras para mellorar o parque infantil da rúa Julia Minguillón, traballos que foron visitados polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Fernández. Seguidamente serán renovados tamén os de Marzán e Cú do Castro, en Llas.

O rexedor municipal explica que “grazas ao financiamento da Deputación de Lugo imos renovar tres parques infantís: os de Julia Minguillón, Marzán e Cú do Castro, en Llas. A mellora do parque de Julia Minguillón, de 250 metros cadrados, está orzamentada en 63.000 euros e inclúe a substitución do chan de losetas por un pavimento continuo encapsulado de cores, no que se van a dispoñer entre outros xogos dúas estruturas con tobogáns, randeeiras e resortes. E os parques de Marzán -125 metros cadrados- e Cú do Castro, en Llas -153 metros cadrados- recibirán uns investimentos de 32.000 e 25.000 euros respectivamente e inclúen tamén a disposición de novos chans de pavimento continuo encapsulado e novos xogos e estruturas”.

Fran Cajoto destaca: “seguimos traballando co obxectivo claro de crear entornos seguros e mellorar os espazos públicos da nosa vila e de todo o concello”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...