InicioCentralFozA UNED de Foz anuncia a apertura de período de matrícula

A UNED de Foz anuncia a apertura de período de matrícula

Publicada o

- Advertisement -

A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) vén de presentar a nova campaña de apertura de matrícula para o próximo curso académico.

“Baixo o lema AUniversidade que Une, esta iniciativa destaca a importancia da relación interxeracional, a sustentabilidade ambiental e o valor do coñecemento na nosa comunidade. A UNED de Lugo e as súas aulas énchese de orgullo ao ser un punto de encontro para estudantes de todas as idades, desde mozos recentemente graduados de secundaria, adultos que buscan continuar a súa formación, séniors que queren ampliar os seus coñecementos ou nenos e nenas gozando dos seus primeiros obradoiros educativos. A campaña A Universidade que Une subliña como a interacción entre distintas xeracións enriquece o proceso de aprendizaxe, fomentando un intercambio de experiencias e perspectivas que beneficia a todos os membros da comunidade”, explican.

A aula universitaria da UNED de Foz “comprométese coa sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. A universidade implementa prácticas ecolóxicas nas súas instalacións e programas académicos, promovendo unha conciencia ambiental entre os seus estudantes. Esta campaña destaca como a UNED non só ofrece educación de calidade, senón que tamén actúa como un modelo de sustentabilidade. A educación é unha ferramenta poderosa que ten o potencial de transformar vidas e sociedades. A UniversidadequeUne pon de relevo o valor do coñecemento e como este contribúe á mellora individual e colectiva. A UNED ofrece unha ampla variedade de programas académicos que permiten ao estudantado adquirir novas habilidades e coñecementos, preparándoos para enfrontar os desafíos”.

O período de matrícula está aberto dende o 4 de xullo ata o 22 de outubro de 2024. Os interesados poden obter máis información e realizar a súa inscrición a través da páxina web da UNED e asesorarse sobre calquera cuestión na secretaría da UNED Aula Universitaria de Foz, situada no IES de Foz, ou chamando aos teléfonos 982.133.699 e 604.034.549.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...