InicioCentralFoz"Afectados Residencia de Foz" di ver confirmada a súa postura sobre falta...

“Afectados Residencia de Foz” di ver confirmada a súa postura sobre falta de transparencia

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma de Afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz fai pública a súa valoración da situación deste centro logo da paralización da nova concesión ditada polo Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia, e a resposta dada á mesma dende o Concello

Deste a Plataforma aseguran que “tivemos noticia polos medios de comunicación dun feito grave e de grande transcendencia para todos nós, usuarios presentes e futuros da Residencia e Centro de Día de Foz. E, tamén de novo, asistimos á resposta dada dende o Concello consistente en minimizar o asunto e botar balóns fóra”. Neste sentido, apuntan que se está responsabilizando a outros -neste caso á empresa que presentou o recurso-, das consecuencias dos actos do propio Concello, despois de asegurar que estamos diante dunha escura estratexia empresarial. “Un suma e segue na dinámica das cortinas de fume”.


A Plataforma di ter revisada a documentación e di que a afirmación do alcalde de que o TACGAL lle deu a razón ao Concello nos tres recursos anteriores presentados é falsa. “Só hai que repasar a detallada nota que este remitiu aos medios o pasado 22 de maio, na cal pode lerse que, en novembro de 2023, o mesmo Tribunal estimou un recurso presentado pola actual concesionaria”. Segundo apuntan, naquela ocasión, o TACGAL directamente anulou a concesión porque os pregos de licitación -elaborados polo Concello co asesoramento da mesma consultora que preparou o estudio de viabilidade económica-, eran contrarios á lei xeral de contratación pública.


O TACGAL anula o acordo do Pleno porque non se cumpriron as regras que para a concesión establecían os pregos. É dicir, o Concello incumpriu a súas propias normas: diante dunha puntuación moi alta, que automaticamente convertía a oferta en anómala, a Mesa de Contratación debería ter recabado unha serie de informes adicionais, o cal non fixo. Unha Mesa de Contratación na que o único representante político é Francisco Cajoto, cousa que para a Plataforma chama a atención pois como se trata dun contrato que ronda os 10 millóns de euros, “nin a oposición nin tan sequera os socios de goberno do alcalde ou outros concelleiros do seu propio partido o acompañaron na Mesa: só o señor alcalde, e ademais con moita presa por adxudicarlle o contrato á nova empresa”.

Ante esta situación, que o alcalde sexa o único cargo electo que forma parte de dita Mesa, “explica moi ben que se intente minimizar a resolución do TACGAL”, pois a responsabilidade política “só pode imputárselle de forma directa a el e suscita a pregunta de por que tantas présas”. Finalmente, esta situación “exemplifica á perfección a falta de transparencia, rigor técnico e diálogo que vimos denunciando”.

Desde a Plataforma “ratificando a súa disposición ao diálogo”, dirixirase tamén, directamente, á Concelleira de Asuntos Sociais, quen ten delegadas as competencias municipais nesta materia e desfruta de adicación exclusiva para isto, coa fin de que convoque una mesa de negociación con anterioridade á celebración do Pleno no que novamente terá de tratarse a concesión.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...