InicioCentralFozO IES de Foz leva a súa furgoneta Kahvevan á I Feira...

O IES de Foz leva a súa furgoneta Kahvevan á I Feira de Educación e Emprego

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz participou na I Feira de Educación e Emprego de Lugo, organizada polo Pazo de Feiras e Congresos e coorganizada pola Xunta.

17 centros educativos da provincia se deron cita para expoñer a súa oferta educativa, entre eles, o IES de Foz que acudiu coa furgoneta Kahvevan onde os asistentes puideron degustar café de especialidade,  torrado por ex alumnos do instituto que traballan en Coffee Urban, Viveiro. 

As dúas xornadas foron un éxito pola grande afluencia de xente, unhas 3500 persoas . O venres, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias e a Xefa Territorial de Educación, Sagrario Sánchez visitaron o stand do IES de Foz e aproveitaron para coñecer a súa oferta formativa e degustar un café.

ÚLTIMAS

Ana Ermida: “Buscamos o equilibrio entre as visitas a Santo Estevo e o coidado á súa contorna”

-En que consisten os traballos arredor de Santo Estevo do Ermo e cales son...

Presentado o IX Ribadeo Indiano coa prolongación das vésperas e prevésperas

O Concello acolleu a presentación do programa do IX Ribadeo Indiano.As vésperas e antevésperas...

Viveiro reunirase coa Xunta para solicitar vivendas sociais

O Concello de Viveiro mantivo en Santiago unha reunión solicitada pola alcaldesa, María Loureiro,...

A Asociación Camiñantes e Camiños finaliza a súa peregrinación a Santiago o 22 de xuño

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño,...