InicioCentralFozO Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo...

O Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo da residencia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz envía un comunicado de prensa sobre a prestación dos servizos na residencia e centro de día. O Concello quere aclarar con este comunicado as competencias relativas ao funcionamento deste centro.

A competencia para a prestación do servizo de residencia e centro de día é da Xunta de Galicia. O Concello de Foz no ano 2016 tivo que solicitar autorización á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia para asumila e fíxoo co compromiso de que o servizo non suporía un aumento do gasto en ningún caso para o Concello. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia negouse a asumir a xestión da residencia -que é da súa propiedade e competencia -a partir do 16 de xaneiro do ano 2023, cando finalizaba o convenio asinado co Concello de Foz. Se a xestión fora do Consorcio Galego, tal e como defendía o goberno municipal, os usuarios aboarían o 80% das súas pensións como contraprestación polo servizo.

Os prezos que cobran as concesionarias polos usuarios para o servizo de residencia mantéñense fixos e inalterables durante a vixencia das concesións segundo os estudos de viabilidade económica, memorias xustificativas e pregos que se estableceron tanto para o contrato asinado en xaneiro do ano 2019 como para adxudicación que se propón para o próximo pleno. (Achégase táboa explicativa cos prezos nos diferentes exercicios).

No período transitorio entre as dúas concesións o Concello de Foz con impostos de todos os veciños -cando o debería asumir a Xunta de Galicia- está a sufragar a diferenza entre as tarifas aboadas polos usuarios (establecidas no estudo de viabilidade económica da primeira concesión) e o estudo técnico municipal aprobado en pleno do 26 de xaneiro de 2023.

As novas tarifas que deberán aboar os usuarios e que entran en vigor coa nova concesión son o resultado do estudo de viabilidade económica aprobado por unanimidade en pleno do 18 de maio de 2023 e da oferta máis vantaxosa presentada no procedemento aberto de contratación. O estudo de viabilidade económica está a disposición de calquera interesado para a súa descarga desde setembro do ano 2023 na Plataforma de Contratos do Estado, dentro dos expedientes de contratación. Durante o proceso de contratación houbo dúas ofertas: unha de IDEA que non ofertaba baixa sobre os prezos establecidos no estudo de viabilidade económica e outra de CK SENIOR GESTION SL que ofertou unha baixa do 2% sobre as tarifas marcadas no expediente de licitación.

O Concello de Foz non vai a permitir que ningún usuario da residencia se quede fóra por non ter recursos económicos suficientes para pagala. Por iso, nos orzamentos do ano 2024 (en vigor desde o mes de xaneiro do presente ano) aumentou a partida 231.48901 Axudas de Emerxencia Social dos 30.000 euros do ano 2023 aos 270.000 euros que recollen os orzamentos actuais. Actualmente existen usuarios da residencia que perciben unha axuda de emerxencia social para asumir as tarifas vixentes desde o ano 2019, pero prevese que haxa un aumento importante de demandantes das axudas ao incrementarse as tarifas. Estes 240.000 novos euros incorporados ao orzamento establécense para cubrir un previsible aumento de usuarios perceptores de axuda de emerxencia social.

Como dato, nos orzamentos incorporáronse 240.000 euros para os 40 usuarios da residencia (competencia impropia e que debe sufragar a Xunta de Galicia) e o capítulo de inversións dos orzamentos do exercicio 2024 é dun total de 383.000 euros, o que dá idea do esforzo económico que supón ao concello.

A ordenanza de axudas de emerxencia para usuarios da residencia e centro de día está en vigor desde o 2 de marzo do ano 2019 e dispoñible para a súa descarga por todos os usuarios na web do Concello de Foz ou no BOP de Lugo do día 1 de marzo do ano 2019. As axudas son compatibles con outras achegas para o mesmo fin e concédense en función da capacidade económica do usuario. A capacidade económica establécese en atención á renda e ao patrimonio do usuario, exceptuando a vivenda principal. Debe achegarse declaración de indispoñibilidade económica dos familiares directos para colaborar no custe. Ao usuario resérvaselle para os seus gastos un 25% como mínimo do importa da pensión contributiva mínima mensual.

Unha vez asinado o contrato do Concello de Foz coa nova concesionaria poñerémonos en contacto con tódolos usuarios da residencia e centro de día para explicar de forma máis pormenorizada a nova concesión e tratar de forma individualizada cada caso.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...