InicioCentralFozO Concello de Foz únese á iniciativa solidara do Colexio Martínez Otero...

O Concello de Foz únese á iniciativa solidara do Colexio Martínez Otero e Asociación Virxe do Carme

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz únese a unha iniciativa solidaria do colexio Martínez Otero coa asociación de persoas con discapacidade Virxe do Carme.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “o colexio Martínez Otero de Foz, e o seu alumnado de 3º de primaria, supervisados polos seus mestres veñen de idear una iniciativa solidaria que repercute directamente na asociación Virxe do Carme de Foz e dos seus rapaces con discapacidade. Esta iniciativa xurde como colaboración dende a actividade e o servizo na que se combinaron aprendizaxe con colaboración, educación inclusiva e integradora entre o alumnado do colexio e os rapaces con discapacidade. A xornada foi moi enriquecedora por ámbalas partes, compartiron opinións, dúbidas e inquedanzas, interactuando de forma espontánea, afianzando lazos e protagonizando momentos de moita complicidade, por exemplo na coreografía, onde bailaron todos xuntos como unha das actividades deste mes. Os alumnos de 3º de primaria mostráronos estas manualidades, modelándoas e pintándoas coas súas propias mans, estas creacións van encamiñadas a ese intercambio solidario de manualidade por doazón”.

Ana Rojo destaca que foi unha “xornada participativa e de aprendizaxe en igualdade e diversidade funcional, fortalecendo así vínculos afectivos con dinámicas didácticas encamiñadas cara ao respecto e a unha mellor accesibilidade destes rapaces, visibilizando e amplificando as súas voces. Sen discriminacións, derribando mitos das persoas con discapacidade e promovendo a súa integración como un obxectivo real a conseguir por parte de todos. De tal forma dende o Concello de Foz unímonos a esta iniciativa do propio colexio, como entendemos no seu momento que estes rapaces con discapacidade merecían ter o seu espazo a modo de un local adaptado as súas necesidades, con todo tipo de material didáctico, audiovisual e informático, sen barreiras físicas nin sociais, nun entorno natural mirando a ría de Foz. Son unhas instalacións onde poden reforzar o aprendido, con terapias ocupacionais e diversos talleres, incidindo sempre nas dinámicas de integración e accesibilidade coa inestimable axuda da súa mestra, Sandra”.

A concelleira de Servizos Sociais engade que “todas as persoas que queiran participar desta fermosa iniciativa, poderán facer a achega do material escolar: libros, lápices, folios, xogos de mesa, cores, gomas, etcétera, para posteriormente ser depositados nun mostrador na entrada do colexio. Serán os propios alumnos coa axuda da ANPA, os que farán entrega das súas propias creacións, en horario de mañás de 9:20 a 10 horas, antes de comezar as clases”.

“O Concello de Foz agradece esta iniciativa solidaria ao colexio Martínez Otero, ao profesorado, a ANPA e de forma moi especial aos verdadeiros protagonistas: os nenos e nenas de 3º de primaria pola súa espontaneidade e o seu afecto cara aos rapaces con diversidade funcional da asociación Virxe do Carme (Marcos, Fran, Javier e Rubén). Para tod@s o noso cariño máis sincero!”, remata Ana Rojo.

ÚLTIMAS

Alumnos de Italia e Turquía farán prácticas en empresas de Ribadeo e A Pontenova da man de APAGA

Trinta alumnos italianos e seis turcos farán prácticas en empresas de Ribadeo e na...

Mondoñedo volverá acoller unha investigación da USC sobre un asentamento suevo

O vindeiro 27 de maio dará comezo unha nova fase dos traballos arqueolóxicos en...

A antiga Casa de Teléfonos será a nova comisaría da Policía Local de Ribadeo

O inmoble da antiga Casa de Teléfonos xa é propiedade do Concello de Ribadeo...

Día da Xuventude en Viveiro nos xardíns de Noriega Varela

O Concello de Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o seu Día...