InicioCentralFozO IES de Foz premiado no X Congreso de FPEmpresa e CaixaBank

O IES de Foz premiado no X Congreso de FPEmpresa e CaixaBank

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz premiado no X Congreso de Formación Profesional de
FPEmpresa e CaixaBank polo seu proxecto, “Do Cafeto á taza”, seleccionado
na Convocatoria Dualiza. O proxecto foi seleccionado como un dos máis innovadores do país na FP.


O Congreso celebrouse en Sevilla, con representación das institucións, empresas privadas, asociacións e centros educativos de toda España. O presidente de CaixaBank, José Ignacio Goirigolzarri, o presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno, ou a secretaria xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, Clara Sanz, participaron na inauguración.


O recoñecemento tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla durante un evento organizado por FPEmpresa e CaixaBank Dualiza coa colaboración da Junta de Andalucía e FPEmpresa, ao que asistiron máis de mil docentes e profesionais da Formación Profesional. Recolleu o premio a directora do IES de Foz, Leticia Maseda.


O evento consolidouse como un dos principais referentes da Formación Profesional a nivel nacional, abordando distintas temáticas que afectan de modo directo a esta modalidade formativa e á comunidade educativa.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe...

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de...

Continúa a Semana da Infancia en Burela con actividades para todos e todas

A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento...

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu...