InicioCentralFozCampaña Euro Solidario en Foz

Campaña Euro Solidario en Foz

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, representante da AECC en Foz; o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo; e o alcalde, Fran Cajoto.

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que tamén a teña neste 2024”.

Euro solidario está organizada por AciaFozCCA e a delegación local da AECC coa colaboración do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...