InicioCentralFozFoz leva a pleno o regulamento de control horario para fichar traballadores...

Foz leva a pleno o regulamento de control horario para fichar traballadores municipais

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “fixemos unha mesa sindical na que se trataron os distintos puntos incluídos no regulamento: recuperación de horas non traballadas, flexibilidade horaria diaria en aqueles servizos que o permitan ou os distintos métodos de fichaxe en función do posto de traballo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz leva ao pleno ordinario do mes de abril, que se celebrará este xoves 25 ás 20.30 horas, o regulamento de control horario para o novo sistema de fichaxe dos traballadores municipais.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “fixemos unha mesa sindical na que se trataron os distintos puntos incluídos no regulamento: recuperación de horas non traballadas, flexibilidade horaria diaria en aqueles servizos que o permitan ou os distintos métodos de fichaxe en función do posto de traballo. Unha reunión moi produtiva que teño que agradecer aos sindicatos e ao comité de empresa e da que saíu o texto definitivo que se leva a pleno”.

O rexedor municipal engade que é “un sistema de fichaxe que desenvolve a empresa MHP Servicios de Control SL, xa contratada, e que non só inclúe o control horario senón tamén a xestión dos días de vacacións, permisos ou ausencias do posto de traballo por distintos motivos. O sistema permitirá a fichaxe a través de tres soportes físicos situados en distintos edificios municipais, a través do ordenador do posto de traballo ou cunha aplicación no propio teléfono móbil”.

Fran Cajoto destaca que “a xestión telemática das vacacións, permisos e outras incidencias vai a facilitar o traballo dos coordinadores de cada un dos servizos municipais. Recibimos un concello do século XIX, con ordenadores de máis de 10 anos nun momento no que a informática é imprescindible; investimos en medios electrónicos, tamén na fichaxe como indica a lei, para entrar no século XXI”.

Respecto ás críticas vertidas polo Partido Popular, o alcalde afirma descoñecer “a que está xogando o señor Castiñeira, voceiro nestes momentos do PP local. Está cruzando a liña do moralmente correcto. Non nos vamos desculpar por cubrir as baixas de persoal que se produzan. O que si me parece incrible é que unha persoa que mantivo unha biblioteca completamente esquecida -sen bibliotecaria-, que non dispuxo durante anos de interventor municipal, que prometeu unha RPT ás portas das eleccións do 2019, pero que non foi capaz de implantar, fale así e desprece o traballo dos empregados públicos, que debemos facilitar e poñer en valor. Falar de maquinitas, de percepcións extrasensoriais e volver ao insulto é de patio de colexio. Un Concello é algo moito máis serio”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...