InicioCentralFozFoz organiza unha masterclass de iniciación ao teatro en maio

Foz organiza unha masterclass de iniciación ao teatro en maio

Publicada o

- Advertisement -

Os días 25 e 26 de maio o Concello de Foz organiza unhas xornadas de iniciación ao teatro co actor Avelino González. Será na Sala Bahía o sábado 25 en horario de 10.30 a 13.30 e 16.30 a 19.30 horas. Haberá comida a mediodía. E o domingo a sesión será de 10.30 a 13.30 horas. O prezo é de 10 euros. É unha actividade para a que será necesario inscribirse, xa que as prazas son limitadas, na Delegación de Cultura, no teléfono 982.140.027, extensión 3, ata o día 6 de maio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica: “é unha actividade que estamos moi felices de organizar, con alguén coma Avelino, que vive o teatro como o vivía o Poto, desde a alma. O que se busca é que a xente se anime a participar nos grupos de teatro afeccionado e desfrute da cultura do teatro, que é moi bonita”.

É a primeira actividade antes do III Certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo -O Poto-, que se celebrará no mes de xuño, para o cal o prazo dun mes de inscrición finaliza esta semana, sendo o luns o último día hábil. Habilitouse na sede electrónica do mesmo un formulario para facer a inscrición.

A concelleira de Cultura anuncia que “as datas do certame serán o 6, 7, 8 e 14, 15 e 16 de xuño para a representación das obras elixidas na fase de solicitude. Coma estes anos contaremos co voto do público e do xurado. As bases están dispoñibles na sede electrónica e na páxina web do Concello. Unha vez pechado o prazo de selección anunciaranse as obras elixidas para participar no certame. Agardamos que sexa tan ben acollido coma nos últimos anos e animamos ás compañías a que veñan a participar”, explica Inés López.

O alcalde, Fran Cajoto, remata comentando que “en Foz abril e maio están cheos de actividades, nuns meses dedicados aos libros e á literatura, pechando a programación primaveral co certame de teatro afeccionado. Pero tamén se anunciarán actividades musicais e máis eventos en vindeiras datas”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...