InicioCentralFozFran Cajoto: "Os 'Cantos na Taberna' son unha maneira de preservar o...

Fran Cajoto: “Os ‘Cantos na Taberna’ son unha maneira de preservar o noso patrimonio’

Foz celebra os Cantos na Taberna, para, como di o seu alcalde Fran Cajoto “dar un paseo por Foz e desfrutar da cultura gastronómica e musical local”

Publicada o

- Advertisement -

-De onde parte esta iniciativa de ‘Cantos na Taberna’ de Foz?

Isto parte dunha iniciativa que promove a Concellaría de Cultura coa concelleira Inés López Couto á fronte. É simplemente levar adiante algo tan noso como darlle cantos e música ás noites nas tabernas e tamén buscamos animar á xente tanto de Foz como de fóra, que saian da casa e animen a vila e as tabernas e demais locais focegos.

-Como se organizan estes ‘Cantos na Taberna’?

Sacamos os carteis de cada venres, o pasado venres tocoulle aos bares da zona do peirao, logo os da zona de Illa Nova coa colaboración dos grupos ‘Mar Aberto’ de Foz e ‘Arume de Burela’, en total serán catro locais que comezarán con estes cantos a partir das oito e media. Para o outro venres haberá un novo cartel e logo cando rematen estas xornadas haberá unha sopresa que xa daremos conta dela.

-Como se organizan as rutas e se é posible a participación espontánea do público?

A participación do público é algo que sempre buscamos. Queremos o maior número de participantes para poder sacar o cartel e así o Concello contacta con diferentes asociacións e grupos a través da técnica de cultura e a súa colaboradora. A través dese contacto e o contacto das persoas que queiran ser partícipes entre uns e outros, falando é como se define e ambienta unha xornada especial como son estas.

-Chega xente de fóra de Foz ou máis veciños e veciñas?

Co tempo que temos hai moita xente animándose a participar mais tamén animamos a persoas doutros lugares a achegarse e participar. O normal é que veña un público comarcal ou persoas que teñen unha segunda vivenda aquí. Así enchemos de ambiente a vila e o resto do concello de aí que teñamos unha alta demanda como lugar vacacional e as persoas que se establecen aquí.

-Grazas a estes Cantos na Taberna estanse recuperando cantos e temas que se consideraban perdidos?

Iso sempre, ademais que temos cantos moi nosos de aquí de Foz, transmitidos oralmente e tamén deberiamos poñelos por escrito. A mellor maneira de manter viva a cultura oral é practicando e animando á xente para participar nestes cantos por iso pedimos a participación nestas iniciativas para gardar as nosas tradicións.

-Cales son as próximas citas de Cantos na Taberna?

Estamos achegándonos á zona da Rapadoira, logo seguiremos falando con máis locais e espazos para podermos seguir gozando da hostalaría de Foz.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...