InicioCentralFozFoz consolida a canle de información local a través de Whatsapp

Foz consolida a canle de información local a través de Whatsapp

A aplicación de mensaxería instantánea converteuse nunha das principais vías de comunicación do Concello de Foz cos seus veciños e veciñas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz alcanza os 400 usuarios na súa canle de información de Whatsapp. En pouco máis de 120 días consolidouse como unha áxil canle de difusión do Concello mantendo á veciñanza ao día das novidades municipais.

A aplicación de mensaxería instantánea converteuse nunha das principais vías de comunicación do Concello de Foz cos seus veciños e veciñas. E é que os usuarios poden consultar as noticias municipais de maneira inmediata desde os seus teléfonos móbiles para estar informados do día a día municipal de primeira man.

O concelleiro de Relacións Institucionais e Comunicación, Carlos García, valora moi positivamente o crecemento e aumento de usuarios inscritos nesta rede que conta cun fluxo de información inmediata, nítida e puntual do concello. Para o concelleiro “a comunicación clara permite axudar a mellorar problemas de acceso á información pública xerando confianza cidadá na súa administración máis próxima. Este progreso é un mostra máis de que Foz está preparado para un paso máis en materia de transformación e participación dixital”.

O Concello de Foz invita a todos os interesados a unirse á canle de WhatsApp para manterse informados dos asuntos locais. Simplemente deben pinchar neste enlace: https://whatsapp.com/channel/0029Va9PMkaGE56uN6HVgi3P

ÚLTIMAS

Morre unha muller na Praia das Catedrais

Unha muller faleceu nas últimas horas tras sentirse indisposta cando se atopaba no aparcadoiro...

O PP lucense critica que o Goberno “non avanzase nada” na A-74 e que o proxecto estea en fase de redacción

O PP da provincia de Lugo criticou que o Goberno "non avanzase nada" na...

Antonio Veiga: “En quince anos o PP construíu 15 Km do corredor até Ferrol, quedan 75 anos para completalo”

-Cal era o obxectivo da reunión que o BNG da Mariña mantivo o día...

O PSOE rexeitan o “pobre orzamento do PP” de Mondoñedo

Os Socialistas de Mondoñedo rexeitaron no pasado pleno, celebrado en novembro, o “pobre orzamento...