InicioCentralFozFoz prepara actividades na biblioteca municipal para abril e maio

Foz prepara actividades na biblioteca municipal para abril e maio

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o día das letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar a lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade"

Publicada o

- Advertisement -

Os meses de abril e maio veñen cargados de actividades na Casa da Cultura focense. Durante as vindeiras semanas a Biblioteca Salgado Toimil organiza diferentes actividades para convidar a grandes e pequenos á lectura e a achegarse aos libros.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o día das letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar a lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade. Todas as actividades son na Casa da Cultura, ou ben no salón de actos ou na propia biblioteca. Comezamos esta programación na semana santa xa que a primeira actividade foi o martes 26 cun contacontos e continuamos este pasado domingo con teatro. A seguinte actividade será este venres 12 ás 18.30 horas con teatro, cunha representación de Carmen Domech: Onde mimen os monstros. As seguintes actividades programadas son os venres 19 e 26 de abril e 10 de maio. Todas ás 18.30 horas. A primeira delas un obradoiro para crear portalibros (esta actividade necesita anotarse no teléfono 982.140.675). O venres 26 chegará a representación O traxe novo do rei. O día 10 será a quenda dun obradoiro de lettering ou caligrafía (tamén haberá que anotarse para participar nesta actividade). E finalmente ese mesmo día 10 ás 20.15 horas, en colaboración coa UNED, poderase disfrutar dunha charla coa escritora focense Natalia Alonso. Para rematar, o martes 14 haberá dúas sesións para centros escolares da obra A nena do violino e a poesía, de Trémola Teatro, para celebrar o Día das Letras Galegas”.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “a cultura para nós é un eixo importantísimo e queremos achegala á sociedade desde a infancia”.

A concelleira de Cultura agradece “o enorme traballo que se está a facer desde a biblioteca municipal e esperamos que todo o mundo desfrute desta programación chea de actividades.”

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...