InicioCentralFoz'Finde de Chícaros e Mexillóns' en quince locais de Foz

‘Finde de Chícaros e Mexillóns’ en quince locais de Foz

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “deste xeito rendemos homenaxe á XXII Festa do Berberecho, que se celebra este sábado en Foz"

Publicada o

- Advertisement -

Quince locais hostaleiros de Foz ofrecerán do 5 ao 7 de abril unha Finde de chícaros e mexillóns. A campaña está organizada por AciaFozCCA.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “deste xeito rendemos homenaxe á XXII Festa do Berberecho, que se celebra este sábado en Foz. O que propón a hostalería e unha fin de semana para degustar chícaros e mexillóns en diferentes preparacións. Será desde o venres e ata o domingo”.

Os establecementos hostaleiros participantes son: A Rambla-Pachán, A Viela, As Brasas, Augas Santas, Bar 78, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy Restaurante, Los Dulces de Delphine, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte, Pizzería Xoiña, Portochico e Restaurante Xoiña.

Paleo anima a achegarse a Foz: “a disfrutar de todas as propostas gastronómicas que atoparán na nosa vila, a pasear polas nosas rúas e a mercar no comercio local. Temos toda unha fin de semana por diante”.

A Finde de chícaros e mexillóns está organizada por AciaFozCCA. Colaboran: Xunta de Galicia, O Noso Foz e Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Alcoa ten o apoio dos accionistas para comprar a australiana Alumina Limited e ter todo o complexo de San Cibrao

Os accionistas de Alcoa, cun apoio do 99% dos presentes en xunta especial, apoiaron...

O pleno de Ribadeo abordará a seguridade na vila e outros temas como a Pancha

Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que...

Furgonetas ‘cero emisións’ para a brigada de obras de Viveiro

Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas...

Bandeira azul á Praia de Area en Viveiro

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado...