InicioCentralFozFoz organiza a XXII Festa do Berberecho para o 6 de abril

Foz organiza a XXII Festa do Berberecho para o 6 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O CONCELLO DE FOZ ORGANIZA A XXII FESTA DO BERBERECHO PARA O SÁBADO 6 DE ABRIL.

Foz, 30 de marzo de 2024. O vindeiro sábado, 6 de abril, volve o berberecho a Foz, marisco que para os focegos é o chícaro. É unha cita que dende o pasado ano se sitúa na semana seguinte á semana santa. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “foi un ano difícil para o sector do marisqueo e dende Foz queremos continuar contribuíndo a que se consuma produto do mar, mostrando ao mundo o marabilloso sabor que ten grazas á sempre inestimable colaboración dos ciclos de Hostalería do IES de Foz”.

O programa da XXII Festa do Berberecho combina a cultura mariñeira, a gastronomía e a historia de Foz.

O venres 5 o primeiro evento será ás 19:30 horas no salón de actos do CENIMA, coa charla titulada Interpretación toponímica da costa de Foz. II Parte: de Llas á Pampillosa, a cargo de Xesús do Breogán; para a continuación poder gozar dos cantos de taberna polos locais de hostalería da zona portuaria.

O sábado 6 ás 10:30 horas na Praza Conde de Fontao o mesmo Xesús do Breogán realizará un percorrido pola historia de Foz, coas fotos do mural da mesma praza. Para a continuación, ás 12:00 horas, na carpa situada no porto escoitar o pregón de José María García Rivera, alcalde de Foz entre 1995 e 2011 e impulsor desta festa. A continuación a música será a cargo dos grupos tradicionais de Foz A Subela e O Feitizo. Ás 13:00 horas comezará a degustación de berberechos, este ano tamén acompañados de mexillóns. A música continuará co dúo Primeira Línea e a carpa estará aberta ata ás 17:00 horas. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas na mesma carpa, os dj’s Alejandro Martínez e Litainer pecharán un día de festa para Foz.

Os concelleiros de Festas e de Dultura, Ángel Fernández e Inés López, desexan que “focegos e visitantes desfruten dunha bonita xornada de cultura local”.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa informa de que recibiu o interese de seis empresas na compra

O comité de Alcoa en San Cibrao informa de que a compañía recibiu o...

Viveiro retira os vehículos abandonados na vía pública

A tenenta de alcaldesa e responsable da área de medio ambiente do Concello de...

Ribadeo eliminará as barreiras arquitectónicas de la EMMeD

O Concello eliminará as barreiras arquitectónicas da EMMeD, que contará con ascensor e...

Barreiros encherá xuño cunha axenda cultural completa

O Concello de Barreiros, a través da súa concellaría de Dinamización, lanza o...