InicioCentralFozFran Cajoto sinala que o PP de Foz se apoia no insulto...

Fran Cajoto sinala que o PP de Foz se apoia no insulto para ocultar “a traizón” de Altri

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz e deputado provincial, Fran Cajoto, di que “o Partido Popular de Castiñeira volve ao insulto para ocultar a traizón á Mariña sobre a planta de Altri”. “De novo recibo insultos do señor Castiñeira: agora defíneme como marioneta e como camaleón. Unha nova páxina máis da política de Ayuso, nada novo”, afirma Fran Cajoto sobre as últimas declaracións verquidas á prensa polo popular Javier Castiñeira.

Cajoto engade: “resulta curioso que Castiñeira se acorde de Altri agora, que está fóra da institución provincial por decisión do seu partido. Non defendeu unha fábrica de fibras téxtiles para a Mariña cando era voceiro na Deputación, quedou calado cando ata en tres ocasións solicitamos desde a Mancomunidade reunións á Xunta”.

O alcalde de Foz acusa aos populares de ocultar o proxecto real diante da opinión pública: “creo sinceramente que non quixeron reunirse con nós porque están ocultando o proxecto real. Pasaron de 2.500 traballadores a 400 postos de traballo, dunha planta de fibras téxtiles a unha baseada principalmente na celulosa. Dous anos -a última reunión solicitada desde a Mancomunidade foi en marzo de 2022- é tempo máis que suficiente para que o presidente da Xunta, o conselleiro ou cando menos o director xeral do Consorcio Impulsa Galicia se reúnan coa Mancomunidade da Mariña. É evidente o pouco que importa esta comarca en Santiago”.

Despois da aprobación no Parlamento Galego por unanimidade en febreiro do ano 2022 da instalación da planta de fibras téxtiles, a Fran Cajoto resúltalle curioso que o Partido Popular volva presentar unha batería de mocións sobre o asunto: “algo que xa está aprobado non se volve a traer a debate. O que me resulta de todo inaceptable é que na moción do Partido Popular se fale de 2.500 postos de traballo cando Altri está a recoñecer que se van a crear do entorno dos 400. Non se pode enganar á poboación, eu non vou votar a favor dun engano. Espero tamén que o interese do PP de alonxar a planta de fibras da Mariña e de darlle un xiro de 180 graos non teña nada que ver con que Greenalia -da que forman parte  exconselleiros como Beatriz Mato- controla desde o ano pasado o 25% do proxecto de Palas de Rei ”.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...